Opinión

PONTE DE VELLE

A trescentos metros aproximadamente augas arriba do encoro de Velle, no ano 1992, se ergueu una nova ponte sobre o Miño para comunicar entre si a estrada Nacional 120, de Ourense a Vigo, maila 525 en dirección a Santiago de Compostela e Lugo. O autor da mesma e informador do presente traballo foi o enxeñeiro de obras públicas Ángel Martínez Cela (enxeñeiro de camiños na Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, na Coruña) que contou ca colaboración do seu axudante o tamén enxeñeiro José Ballester.

Atendendo á clasificación fundamental existente entre as diferentes pontes, a que nos ocupa pertence ós denominados como de vigas rectas, ao transmitir a súa carga sobre os apoios exercidos sobre tres soportes verticais ou piares planos, de 32 metros de altura, abertos, construídos en formigón e asentados sobre o propio leito do río.

As características máis salientables desta visible e alta obra, construída a modo de pórtico, son os tres vanos, o central de 170 metros de largo, cunha altura comprendida entre 35 e 40 metros sobre o nivel da auga do río, que se acompaña doutros dous tramos laterais, dunha lonxitude de 105 metros. Se cubre cun longo taboleiro de formigón, de 380 metros de lonxitude por 12,80 metros de ancho, repartido entre os tres carrís de circulación, deseñados unicamente para o tránsito de vehículos, repartidos entre dous viais circulatorios de subida cara a Santiago e Lugo, outro de baixada e acceso a Monforte e Ourense, ademais das correspondentes beiraestradas laterais.

O custo da obra, sen valorar propiamente o importe das expropiacións dos accesos á ponte, supuxo para o Ministerio de Obras Públicas e Transportes -a antiga MOP organismo responsable da construcción e mantemento das vías de comunicación pertencentes ao Estado, actual Fomento- un custo duns 962 millóns das antigas pesetas.

A posta en servicio desta nova ponte supuxo o funcionamento do primeiro elemento de circunvalación con que contou a cidade das Burgas, gracias ao que se alixeirou de xeito notable o tráfico rodado, sobre todo o pesado, que tanto afectaba o seu paso pola cidade de Ourense.

Te puede interesar