Opinión

VIADUCTO DO ACCESO NORTE

Otrazado de estradas a Galicia, dende sempre, estivo condicionado polo accidentado do noso relevo, o que dificultou enormemente a comunicación ca meseta central. De feito, a primeira estrada directa dende Ourense cara a capital de España, coñecida popularmente como 'La Carretera', denominada oficialmente Villacastín a Vigo, no vería o seu completo remate ata o ano 1863.


O Plan de Accesos a Galicia, elaborado no decurso do 1969, supuxo un importante pulo para nosa comunidade, como mellora de accesibilidade a cidade das Burgas; así, ca construcción dunha nova ponte sobre o Miño, o Ribeiriño, mellorouse a comunicación entre ambas marxes do río.


Pero será definitivamente a autoestrada A-52 a que rache co illamento secular de Ourense ca capital do Estado mailo resto da península.


O proxecto inicial contemplaba dous accesos á capital ourensá: o norte, cruzando o Miño, seguindo augas arriba a sua marxe esquerda, mailo sur, con saída preto do polígono Barreiros, ó que axiña se lle engadiu o centro, con arrinque nos terreos do seminario diocesano e desemboque na rúa da Ribeira Sacra.


Por outra banda, o cruzamento do río polo acceso norte supuxo a ergueita dun longo e alto viaducto preto das termas de Outariz, que constituíu un elemento funcional fundamental de unión co tronco principal da autoestrada A-52, á que deu servicio de acceso mediante dos carrís de incorporación, un cara a Vigo e outro a Madrid, máis os dous de saída á cidade.


A tipoloxía estructural dos longos taboleiros en ambos viaductos é idéntica: tramos hiperestáticos, continuidade losa-forxado, aínda que cada un deles presente diferente dimensión tanto en planta como en alzado. Así, no de entrada a Ourense o número de vanos é de tres, cunha luz máxima de 97,5 metros e unha lonxitude de 215,5, por un ancho de 13,2. No de saída mantense o mesmo número de vanos, variando a luz máxima que acada unha altura de 94,5 metros, sendo a súa lonxitude total duns 214,4, manténdose en ambos o mesmo ancho da calzada. A sustentación de ambas estruturas acádase mediante apoios semimóbiles, pilotes en formigón, cimentados todos eles en profundidade.


O equipamento o constitúen os accesos en terraplén, as barreiras e varandas, mailas defensas contra impactos, constituídas mediante muros de protección, sen esquecer outro elemento fundamental de seguridade como o é a iluminación, composta por focos lumínicos distribuídos estratexicamente ó longa de toda a obra.

Te puede interesar