Opinión

XARDÍN DO MUSEO ARQUEOLÓXICO

A arte da xardinería afunde as súas raíces no tempo. O concepto de xardín, en todas as culturas, ten relación co paraíso terreal, lugar de deleite e descanso dos nosos primeiros pais que nel viviron en felicidade ata a súa expulsión definitiva.


O relato do Xénese, non por coñecido deixa de sorprendernos cada día, pois pese á súa antigüidade, relata ou describe, con verdadeiro detalle, todos aqueles elementos considerados como fundamentais para o completo goce e disfrute dun xardín: a auga, o mundo vexetal, as diversas froitas, o deseño dos debuxos xeométricos, a presencia ou non de animais domesticados, e un longo etc.


Moitas veces, tanto en vilas como en cidades, os seus habitantes, se senten realmente fachendosos de posuír grandes espacios ou superficies axardinadas. Certamente esto resulta verdadeiramente acertado pero, non é menos certo que outros espacios verdes máis cativos poden, ca paciente labor dos deseñadores e conservadores, converterse en verdadeiros remanso de paz para o cidadán.


O pequeno recinto situado por diante dos pórticos expositivos dos miliarios romanos pertencentes o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, situados na rúa de Bispo Carrascosa, é un bo exemplo do que estamos a comentar.


Nunha superficie duns 118 m2. dividida en dúas metades, a un nivel máis alto ca propia rúa, se distribúe este xardín catalogado como de carácter informal pola limitación do espacio e, sobre todo, supeditado á carencia dun sistema de rego fixo.


Nel predomina o tipo bioloxico de caracter arbustivo constituído pola presencia de roseiras, agapantos, herba perenne rizomato-bulbosa, e un só exemplar dunha especie de árbore de carácter perennifolio, pouco frecuente en Galicia, orixinario da China, o Cunninghamia Laceolata, máis coñecido en español como abeto chino, do que só se conservan tres exemplares dentro do termo municipal de Ourense.


Descoñecemos a data da construcción e deseño deste pequeno recinto nembargantes baseándose na información existente nas Actas Municipais do Concello de Ourense, con relación a un






































ha solicitude de cesión dos baixos existentes na parte reformada do Museo Arqueolóxico Provincial, para a instalación dunha Oficina de Turismo, o día 26 de agosto do ano 1959, cremos sería por esta data a construcción do mesmo.


É interesante destacar a presencia, nun dos xardíns, dun busto de bronce do fundador e posterior director do Museo Arqueolóxico Provincial: Xesús Ferro Couselo, ademais do asentamento noutro dun dos símbolos máis identificadores de Galicia, o cruceiro saído da man do mestre escultor ourensán, Antón Faílde Gago


Cruceiros de Ourense.


Hemeroteca La Región, do 16/10/1990.

Te puede interesar