Opinión

Falso

E se se non existira ningunha crise? Os indicios apuntan na dirección dunha crise, en efecto. E das duras. Se ten catro patas, e rabo, e ladra como un can, se cadra é un can. A cousa cambia, por exemplo, se aplicamos a Hipótese cartesiana do Xenio Maligno, un deus que nos engana sistematicamente e que talvez dispuxo a nosa natureza de tal maneira que creamos estar na verdade cando realmente estamos no erro. Pensemos, descartado Descartes, que o perfeccionismo que guía hoxe as falsificacións outórgalles un estatus non moi diferente ao dos obxectos auténticos. Diluída a distancia respecto do verdadeiro, a falsidade adquiriu estilo, rigor, atributos. Gañou prestixio. De feito, agora tamén os artigos falsos se integran nos escaparates e mostradores orixinais das marcas máis imitadas.


A mentira vai perdendo a condición de pecado. Pouco a pouco esvaecéronse as emisións nocivas que despedía. Mentir ou dicir a verdade? As dúas cousas. Por que habería que elixir? Xa existen estudos que cifran en catro as mentiras diarias que dicimos, e en duascentas as que nos contan. E aquí seguimos. A mentira normalizouse, e encol de todo, a verdade relativízase día a día. O maniqueísmo que vincula a mentira co mal, é historia. Se dobrar o xornal, ou calzar un pé antes ca outro, non é nin bo nin malo, o mesmo hai que dicir da mentira. Mentir é un uso, un movemento muscular.


A verdade non é ningún choio. A verdade é xa unha agonía interminable, escribiu Celine. Renard suxería algo semellante ao sinalar que cando a verdade pasa de cinco liñas, é unha novela. Curiosamente, na novela Molly, Samuel Beckett escribiu: ‘Entón entrei en casa, e escribín: É media noite. A choiva azouta nos cristais. Non era media noite. Non chovía’. Isto debe servir para restar tamén relevancia á verdade da novela.


Repito: e se a crise fora unha mentira? Quebran os bancos, fechan as empresas, aumenta o desemprego, fúndese a Bolsa. Si, pero, e que? A falsidade é unha perfección que suplanta a verdade. Teño un amigo neoiorquino cuxa aboa, no crac do 29, saltou por unha fiestra, e plaff. No que levamos de crise, alguén ten noticia dalgún desesperado que buscara confort no baleiro

Te puede interesar