Opinión

NECESITAMOS MÁIS EXPLOSIVOS

Adinamita é, ante todo, unha metáfora, e como metáfora non lle vexo senón vantaxes. Calquera posibilidade de cambio ?factor, digamos antes de nada, que fai soportable a condición humana? descansa precisamente en que a metáfora funcione e a detonación modifique a dirección dos acontecementos. Ningunha cousa cambia realmente a menos que apliquemos barrenos nos seus cimentos. Cando a atmosfera trema, e vexamos cascallos, estaremos diante dunha sinal positiva. Nunha acepción figurativa, claramente estou a favor do uso de explosivos. A inercia é un perigo que só se sortea tanto en canto matamos ese somnambulismo que proxecta ao seu redor e que trata de convencernos de que as cousas son así porque non poden ser doutro estilo. A Historia, no fondo, é unha sucesión de booms que intentan dispoñer as cousas ao revés. De certo, a dinamita ou a pólvora son moi anteriores á dinamita e á pólvora respectivamente. Parece que está mal explicado, pero é fácil de entender.


Borges, que tratou todos os temas esenciais da humanidade ?non máis talvez de media ducia?, ocupouse tamén desta especie de teoría dos antecedentes. Fíxoo nun breve ensaio sobre Kafka. No primeiro momento ?confesa? pensouno como un escritor tan singular como o fénix das loanzas retóricas, pero a medida que o frecuentou, comezou a recoñecer a súa voz e os seus hábitos en textos de diversas literaturas e de distintas épocas. Primeiro advertiuno no paradoxo de Zenón contra o movemento. O móbil, a frecha e o Aquiles que concibiu o grego son, segundo Borges, os primeiros personaxes kafkianos da literatura. Tamén creu escoitar a voz de Kafka na prosa de Han Yu, en Kierkegaard, en Dunsanny, en Leon Bloy. Quere dicir isto que, na teoría de Borges, cada escritor crea aos seus precursores. 'A súa labor ?dixo? modifica a nosa concepción do pasado, como ha modificar o futuro'.


Hai anos, un crítico literario escribiu una recensión dun libro no que enumeraba as influencias que detectada. Entre elas citou a un escritor que o autor non lera. Este, de feito, saíu á palestra para anunciar que malamente se podía un ver influenciado por un escritor que non estaba na súa biblioteca. O crítico respondeu que se el detectaba unha influencia dun autor non lido non era tanto responsabilidade súa, como crítico, senón do autor, culpable de non ler a un novelista imprescindible no seu estilo. En definitiva, a dinamita acompáñanos dende antes do seu invento, e así debe seguir.

Te puede interesar