Opinión

E quen nos atenderá?


Vivimos tempos complicados que inducen á preocupación xeral de quenes mandan e teñen responsabilidades en distintos ámbitos. É certo que a inquedanza non é uniforme e mesmo hai quen, debendo, non a sinte ou fai abstracción da mesma. A diferencia básica da época actual fronte a outras reside en que varias desas cuestións que nos acosan semellan non ter solución ou non se albiscan. É certo que dende que o mundo  é tal, sempre atopou unha fórmula para superar ou vadear dificultades que parecerían igual de insolubles cas que agora nos acucian.

Nesa categoría poderíamos encuadrar o cambio climático que temos enriba e aínda hai xente que non se enterou ou e mesmo nega o fenómeno, incluidos os grandes poderes mundiais, tal vez porque arranxar a desfeita actual -e a que vai vir- resulta difícil, ademáis de caro. Así que, mellor mirar cara outro lado, que quen veña detrás xa fará o que considere, que atendendo á experiencia acumulada, seguirá sendo nada.

Outro dos problemas inquietantes é a sanidade, que non é estratosférico, pero sí igual de preocupante para sociedades envellecidas como as asentadas na vetusta Europa, agravado en España e Galicia, por ese orden. A base do sistema sanitario español é a atención primaria, na que hai tempo que soan as alarmas a diario, polas dificultades que atravesa, pero tamén porque as limitacións e carencias van rebotando cara arriba ata as especialidades e a área hospitalaria a xente que debería ser atendida e curada antes.

Estes días sabemos que en Galicia quedaron sen ocupar 63 das 207 prazas libres para medicina de familia, que representan o 23,3%, mentras que en Ourense, das 21 plazas ofertadas para MIR na mesma especialidade, quedaron vacantes 13, un 38,3%. En España a cifra aínda é máis escandalosa, posto que de 473 para formación médica especializada que quedaron sin cubrir, 409 pertenecen a medicina de familia, ou sexa, o 86,4%.

De manterse a tendencia nos casos galego e ourensán, na próxima década accederán á idade de xubilación a maioría dos médicos de primaria que empezaron a carreira profesional ó tempo que se foron implantando os centros de saúde. Agás milagro -que non se albisca, pero que consistirán en cartos e mellores condición de traballo para os profesionais-, nese tempo a Galicia rural terá envellelcido aínda máis, co que elo significa en termos de saúde. Quen nos atenderá nos servicios primarios máis alá da persoa que atenda a centralita, se é que para entón aínda existe alguén nese posto?

Te puede interesar