Opinión

O futuro da cosmética galega

Hai unhos días que se reuniron en Carballiño algo máis dunha trintena de representantes do sector da cosmética en Galicia para darlle unha volta a situación do mesmo, capacidade de evolución e potencial socioeconómico. A cuestión é que están convencidos de que a atomización e desconexión operan como un lastre que dificulta ou impide a evolución e, sobre todo, a capacidade de crecemento do negocio.

A pregunta é si o colectivo podería trascender o estado actual ou está condenado á irrelevancia a divinis no mundo da cosmética a gran escala. Segundo os expertos, a resposta é rotundamente afirmativa -que non sinónimo de fácil-, pois hai un camiño imprescindible a percorrer que pasa por unha idea clara do que se pretende, esforzo para darlle forma e tenacidade para consolidala. Debería nuclearse arredor dun clúster ou órgano aglutinador e motor dun proceso que de xeito imprescindible debe conlevar respaldo transversal institucional -actualización de lexislación incluida, xa existente noutras comunidades- para salvar escollos e dar pulo no arranque da idea.

De entrada, contan con materias primas da terra ou o mar de primeiro nivel  ó igual que as augas de manancial, superiores ás de outros enclaves que, porén, disfrutan dun desenvolvemento maior e máis puxante. A elo hai que engadir a experiencia atesourada por profesionais vocacionais, incrementada co labor levado a cabo nos últimos anos e coa capacidade investigadora das universidades galegas. Están convencidos de que dispoñen dunha mercaduría que debidamente transformada se converte nun produto dun valor por descubrir no gran mercado e unha capacidade de evolución exponencial, co que elo significaría para a economía galega.

E fronte a quen poida pensar que a idea é inabordable vaian dous exemplos ben coñecidos. 

Hai 65 anos, na sociedade dos once millóns leiras Franqueira foi capaz de unir a tres mil propietarios e outros tres mil profesionais arredor de Coren, para convertela nunha das primeiras empresas agroalimentarias da economía social de España. Duas décadas despois, un grupo de talentosos emprendedores do téxtil, arracimados en torno a Galicia Moda e ó lembrado publicista Luis Carballo, colocaron o sector na vangarda da moda no Estado, onde aínda conta con prestixio contrastado e ten moito que decir nese difícil mundo. Entón?

Te puede interesar