Opinión

A inxustiza da xustiza

Publicaba este xornal hai un par días unha nova curiosa se non conlevara un serio problema para persoas vítimas de situacións non buscadas ás que non atopan solución e que cando chega, se o fai, xa provocou danos irreparables. Conta a información o quebranto que sufre unha parella de idade, que en setembro pasado alugaron un piso da sua propiedade en Ourense a unha muller que unha vez firmado o contrato, abonada a fianza e cas chaves en man, xa lles advertiu que non pensaba pagar o aluguer comprometido.

Non é un comportamiento frecuente, por cuanto a inquilina tiña traballo e posuía referencias -segundo a inmobiliaria mediadora na operación- que a avalaban para asumir o custe do aluguer e os demáis compromisos como arrendataria. Mais a realidade revela que os arrendadores levan medio ano financiando o custe da vivenda a quenes a ocupan, que son dous en vez de unha. Para o mes que vén seica intervirán as forzas de seguridade para desaloxalos e devolverlle a propiedade ós lexítimos donos.

Supoñendo que se cumplan as previsións, quedan varios pormenores no aire, como se estes cobrarán a débeda acumulada e, tamén, se o piso estará nas mesmas condicións nas que entraron a vivir nel os que o deixen. En caso contrario, as reclamacións ás que houbera lugar deberán ser plantexadas ante a xustiza, que cos plazos que se manexan non resolverá axiña. Aínda máis, se os denunciantes tiveran razón, quedaría por comprobar se os demandados dispoñen de solvencia económica para responder do pufo e dos potenciais danos provocados no inmoble, se os houbera, ademáis do custo acarreado ós propietarios pola acción xudicial para facer cumplir os seus dereitos.

No peor dos casos, resultará que quenes alugaron o piso converteranse en financiadores de vulgares estafadores ou de persoas en situación de vulnerabilidade social, se demostrasen carencia de medios económicos. Esta última eventualidade sucede con frecuencia noutros casos nos que o impago non é voluntario senon forzado pola carestía de recursos, que leva igualmente ós propietarios a soportar a débeda que xeneren os inquilinos. O cual significa que a política social institucional traspásase pola vía dos feitos ós particulares, a través de decisións xudiciais que fan xustiza dando protección a xente acuciada pola necesidade á vez que causan unha inxustiza desprotexendo ós caseiros, mentras o poder institucional presume de vocación auxiliadora, que tantas veces apenas é máis que bla, bla bla…

Te puede interesar