Opinión

Liberdade

A Academia adica hoxe o Día das Letras a Ramón Piñeiro, persoalidade sobranceira do galeguismo e un dos piares da pervivencia e difusión da cultura galega nos temos duros do franquismo. Non sendo escritor estrictamente, acertaron de pleno os responsables da designación, pois nos tempos que corren, ca língua coma se fora unha pelota recibindo patadas dun lado a outro do campo de xogo da política, a figura de Piñeiro acae como anel o dedo. Íl foi intelectual comprometido na procura do consenso, dos espazos comúns para converter a cultura e a lingua galega en plataforma de entendemento das peculiaridades propias desta terra.


Non regateou esforzos, acompañando as reflexións teóricas cas iniciativas prácticas; valeuse das reunións e xuntanzas arredor da sua famosa mesa-braseiro ou da laboura desenrolada por Galaxia para dar cobertura ó feble pero significativo movemento galeguista da época. Foi a sua a xeración que se encargou de levar ás costas o galeguismo ata o restablecemento das libertades democráticas e a conseguinte desaparición dos atrancos para a cultura propia de Galicia.


Posto en marcha o Goberno autonómico, o propio Piñeiro entrou no Parlamento para defender a Lei de Normalización Lingüística que foi aprobada por unanimidade das forzas representadas na Cámara. Con ise instrumento legal se desenvolveu a vida política galega, completado e apuntalado en 2004 ca aprobación do novo Plan de Normalización, tamén co respaldo total dos deputados presentes no Pazo do Hórreo.


Retroceso progresivo


A pesares do que poida parecer a simple vista, o camiño para a cultura galega, e nomeadamente para o idioma, non foi de rosas, pois sendo entendido prácticamente pola totalidade da poboación, o seu uso e implantación redúcese progresiva e inexorablemente dende hai anos. As causas son variadas, pero a presión, voluntaria ou non, exercida polos medios de comunicación casteláns e as novas tecnoloxías (audiovisuais, básica mente) e a falla de interese -na práctica- da clase política no uso e defensa do idioma, así como algunhas decisións atrabiliarias dalgunhos lingüistas e políticos nacionalistas, non son alleas á situación actual.


Se a eso engadimos a guerra sin cuartel -verdadeira cruzada- iniciada polo nacionalismo radical español, valéndose de todas as armas ó seu alcance (a Asociación de Víctimas do Terrorismo chegou a manifestarse en contra do galego!) e co apoio do Partido Popular, todo son patadas no traseiro do sempre maltratado idioma galego.


E ata eiquí chegamos. Estamos nunha encrucillada; no ser ou non ser. Ainda é posible endereitar a nave, se ben son precisas accións decididas que esixen a retirada da polémica do debate político, traballando de forma conxunta. De non ser así, significará o principio do fin.


Para buscar solucións, o punto de partida non debe ofrecer dificultades: o galego está en perigo e necesita de apoio decidido. De ahí en adiante é cando resulta imprescindible poñerse de acordo. O idioma non é propiedade de ningún partido político, por máis que algúns o pensen, nin a liberdade propugnada por outros é, na práctica, unha posición neutra.


Normas obligadas


É evidente que as normas de convivencia teñen que estar reguladas e iso ten que afectar, irremisiblemente, ó idioma. O argumento da liberdade non é máis ca un eufemismo, cando non un sofisma. Poñamos un par de exemplos.


Maxinemos nun momento que nos convertimos en militantes da liberdade no sentido máis amplo. Nise esceario, as autoridades preguntaránnos ós cidadáns cántos impostos queremos pagar ou, ainda máis, se os queremos pagar. É liberdade, pero a ninguén lle cabe na cabeza.


Pensemos agora nun bosque autóctono en perigo, sexa carballeira ou souto. As autoridades comprométense na sua defensa e lexislan que por cada carballo ou castaño que se tronce polo pé hai que plantar outro da mesma especie. Pero se trasladamos a filosofía da liberdade aplicada á lingua, deixaremos nas mans dos donos dos montes o futuro. Qué cré que haberá en poucos anos? Centos ou milleiros de eucaliptos ou piñeiros, non o dubide, froito da liberdade, a mesma que permitiu que castaños e carballos acabaran nos aserradeiros, víctimas da falta de sentidiño e da especulación.


O mesmo pasaría si decidiramos que os pescadores faenen en liberdade. A que a naide lle cabe na testa? Pois volvamos atrás e miremos ó galego.


Cando Fraga -castelanfalante- fixo o seu primeiro Goberno chamou a Manuel Montero (castelán de nacemento e de fala) para encomendarlle a Consellería de Sanidade. Antes de confirmalo, preguntoulle se nun plazo de seis meses, máis ou menos, podería falar galego nos actos oficiais e no Parlamento. O afectado respostou que sí. Non cumpliu, pero temía que o patrón lle chamara a atención por elo en calquera momento. Case vinte anos despois, estamos ainda máis atrás que naquilas lonxanas primeiras semanas de 1990. Qué mágoa.



Te puede interesar