Opinión

Mirar cara outro lado

Parece como si os cidadans tiveramos predisposición a fuxir dos asuntos importantes para a vida prestando atención a cousas agradables, incluso banais, porque o que non vemos ou non sentimos é como se non existise. A estratexia funciona porque permite pensar que esquivamos o lado escuro da vida, aínda que a realidade reaparece teimuda ó baixar -os que o fan- o ritmo de dispersión intelectual e vital.

Poderíamos pensar que a dureza das realidades que nos rodean, fan que tratemos de afastarnos de feitos máis ou menos lonxanos, ignorando que xa nada do que ocorra en calquera lugar do mundo nos resultará alleo, aínda que non o queiramos ver. Como non queremos ver o que sucede arredor noso con episodios atmosféricos extremos que pregoan a inminencia do futuro que nos agarda. A seca é veciña do noso país, incluida a España verde; non hai auga -porque non chove o que debe- e as restricións empezan a sucederse polos catro puntos cardinais, mentras ó lado despilfárrase sen tasa.

Non chove, pero na pel de touro ibérica seméntanse campos de golf como patacas. Cada un -dependendo da ubicación- traga ó ano entre 150.000 e 300.000 metros cúbicos de auga. O que gastan os vinte existentes na rexión de Murcia equivalen ó consumo da cidade de Albacete en dous anos (agárrese, porque Málaga ten 53 instalacións deste tipo, máis que a Cataluña. É certo que utilizan augas recicladas, pero tamén subterráneas e derivacións de augas superficiais, que se poderían destinar a outros usos menos sedentos. Podemos consolarnos fixándonos en que España conta con 500 campos de golf -Portugal un centenar-, fronte aos máis de mil de Alemaña ou os máis de tres mil do Reino Unido, pero de pouco nos ha de valer.

Dende a ignorancia do que supón para a gran economía este despilfarro, non deixa de parecer escandaloso. Pero eso non é todo: un tercio da auga que sae das depuradoras españolas para o consumo domiciliario, non chega a destino, perdida polas múltiples roturas das vetustas redes de abastecemento. Un estudo técnico publicado en Ourense hai anos, arredor de quince, concluiu que a cidade perdía daquela case un 40 por cento da auga potable. Eso significaría que aparte do líquido perdido, os ourensáns cargaban cun sobrecuste do 40 por cento no proceso de tratamento da auga desaparecida entre a planta de depuración e o destino (sería interesante saber a situación actual). Nadie se inmutou, pero un día pagaremos por ter vivido tanto tempo de costas á realidade.

Te puede interesar