Opinión

Os problemas da enerxía

Din os expertos da loita contra o cambio climático que a cousa vai mal e que o obxectivo de chegar a 2050 cun aumento do quecemento global igual ou inferior ós dous graos centígrados, é prácticamente inalcanzable. Para un observador profano, as previsións pesimistas parecen verosímiles, sobre todo vendo os resultados do recente Cumio Mundial do Cambio Climático nos Emiratos Árabes.

A pesar dos compromisos adquiridos na cita de Dubai, resulta difícil confiar na asunción das medidas para lograr a reducción sustancial da producción de cru ata deixala en mínimos. Se non fose pouco, tampouco é crible a eliminación da enerxía nuclear como parte desa loita na defensa da salubridade e sostibilidade do planeta tal como o coñecemos. E cual é a razón? Máis dunha vintena de países, entre os que están varias potencias (Estados Unidos, Canadá, Xapón, Francia ou Reino Unido) e outros países máis pequenos, cunha poboación que ronda os mil millóns de almas, proclamaron unha declaración solemne no mentado cumio abogando xustamente polo contrario: triplicar a capacidade de enerxía nuclear ata 2050, como única fórmula que permitiría situar o quecemento global en 1,5 graos. Sosteñen que sen o concurso desta fonte enerxética será imposible prescindir do petróleo na medida que se necesita.

E mentras eso sucede no mundo, a nivel estatal temos versión propia sobre o futuro enerxético. As diferencias non están tanto na evidencia da necesidade de deter a deriva actual, senon na forma de facelo, que en grandes trazos pasa por substituir os combustibles fósiles (tamén o uranio) pola aportación do vento e o sol. Nesta liña, na automoción a alternativa -xa en marcha- pasaría pola electrificación dos motores. (Non se fala aínda onde se meterían as baterías mortas, que serán moitas e contaminantes).

Ese escenario obliga a sementar o país de muíños de vento e paneis solares, cuxa expansión está xerando un movemento contrario, non ó sistema en sí, senon á ubicación, que pode chegar a unha teórica situación irresoluble, porque sin produción masiva dos dous sistemas sería imposible abastecer a demanda. Incluso hai especialistas que sosteñen que nin así se lograría. No caso de Galicia, por exemplo, lembran que unha planta como a de Alcoa a pleno rendemento tería un consumo equivalente ó das sete grandes ciudades galegas. Tal eventualidade lastraría, entón, calquera estratexia de industrialización que a menudo se bota en falta na Comunidade. Semella que igual nos enfrontamos á cuadratura do círculo.

Te puede interesar