Opinión

Tan cerca, tan lonxe

Existe unha estrana razón que motiva que a distancia que separa ás ciudades veciñas de Lugo e Ourense -tamén ás provincias- esté por enriba dos kilómetros que van dunha á outra. É un fenómeno que chama máis a atención habiendo tantas cousas que as unen -unha extensa franxa de territorio compartido, entre elas- e nin un só motivo que as enfronte. Xustamente a área xeográfica que cose a división entre ambos territorios, a maior parte da cual acolle a Ribeira Sacra, explicita a boa relación e a capacidade de entendemento en favor dos intereses comúns que poden e deben rematar algún día coa declaración deste enclave como Patrimonio da Humanidade.

Porén hai unha distancia histórica real que se interpón, mediatizando a capacidade de interrelación no ámbito social, económico ou humano, proxectando ás veces a falsa sensación de que as xentes do norte e o sur da Galicia interior teñen interese en vivir de costas. Unha das principais causas que xustifican esta realidade estriba nas decimonónicas -ou case- comunicacións por estrada e por ferrocarril entre as duas capitales de provincia. O estado das mesmas constitúe un muro invisible pero real en tempos nos que a capacidade e rapidez de interrelación de persoas e mercancías resultan básicas para o progreso.

Viaxar de Ourense a Lugo -ou ó revés, claro- por estrada nos albores do 2024 custa o doble de tempo que entre o resto das capitais galegas con vía rápida e distancia semellante. No caso lugués, o grao de incomunicación é aínda máis sangrante, pois están agardando pola autovía con Santiago dende hai un lote de anos.

Se falamos do ferrocarril, pois é o mesmo. O desprazamento entre ambas capitais retrotrae ós tempos do vapor. E iso é o peor? Non. O peor é que non se albisca unha solución que permita dispor de comunicacións do século XXI; no caso das estradas, a autovía pensada hai un montón de anos levita nas dependencias do Ministerio de Transportes que, a cambio, sitúa en 2028 un firme novo para a insufrible N540, mantendo o trazado actual. Do tren, nin eso se pode decir, porque a alta velocidade nin está nin se lle agarda, cousa especialmente grave para Lugo, porque unha línea ata Ourense, suporía o enlace coa rede xeral.

Ante esta realidade, non cabería a reflexión (o soño) de si os representantes políticos e autoridades de ambas provincias, xunto coas sociedades que os sosteñen, poderían facer algo máis para revertir unha situación de maltrato histórico tan insoportable como inxusto para ambas comunidades?

Te puede interesar