Rafael Dávila Álvarez
Pulpo á feira
Os deberes noutras épocas non tiñan máis nomes. Eran iso, os deberes, obrigas escolares dos rapaces, beneficiosas para a súa aprendizaxe. Agora, nestes tempos novos son tarefas para a casa, tarefas extraescolares ou como cadaquén queira chamarlles. En youtubehai moitos vídeos sobres este tema. Un deles, “Deberes escolares _MITCA”, tanto na súa versión en galego como en castelán, fai aclaracións importantes sobre prescrición destas tarefas.
Ao parecer dos expertos, son un recurso educativo, son convenientes, pero... Pero a súa andaina debe axudarlle ao alumnado a mellorar a xestión do tempo, deben ser sensibles á diversidade, servir para o seu progreso académico e para a necesaria autoavaliación e corrección.
Un grupo de investigación en Psicoloxía Educativa da UDC, dirixido polo catedrático Antonio Valle Arias, e do que tamén forman parte Susana Rodríguez e Isabel Piñeiro, creou un “Método de Implementación das Tarefas para a Casa (MITCA)” e aconsella que sexan diversas, concretas, valiosas e semanais. Semanais ou diarias terán que ser coa “nova normalidade” educativa, que -por certo- se é nova non é a normalidade.
Estes psicólogos, profesores e mestres de mestres saben e explican a importancia do traballo na escola e na súa contorna, atendendo a aquelas tarefas diversas e de repaso do aprendido, ensinando adesfrutar do valor do saber, e das rutinas e da planificación periódica do tempo. Un tempo que comeza a ser diferente, que vén marcado polos aires novos, polas novas correntes de opinión, polas brisas dos mares de lonxe e polas néboas matinais nas que se enterran e se enzoufa o saber dos que saben e o poder dos aspirantes a mandar sen saber.
O ensino está en transformación permanente e os ensinantes sofren cando se ralentizan ou se minoran os valores, cando se perde o norte, cando a sociedade queda queda e calada, cando se agranda ese mal que demora o desenvolvemento e fornece a ignorancia, que, segundo dicía a Tía Manuela,“é peor que calquera pandemia, por mala e mortal que sexa”. Os novos procesos de formación parecen condenados ádistancia, á telemática, ao silencio e ao individualismo, lonxe dos procesos de cooperación e interacción que noutrora tanto se apreciaban e valoraban. Que Deus nos colla confesados!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Rafael Dávila Álvarez
Pulpo á feira
TAL DÍA COMO HOY
Museo del Hermitage
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Café con Amancio Ortega en Zara
Manuel Orío
RECORTES
La rebelión del hijo
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 6 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 6 de febrero