Opinión

Coa vara que tu mediches...

Opinión

Coa vara que tu mediches...

Ben sei que a denuncia que fixo un avogado contra o grupo de Podemos e que tantos titulares de prensa dá semella ser unha vendeta que ten por causa un resentimento por cuestións laborais. Pois, denunciar asuntos dos que non hai probas contundentes e guiarse polo que din ou un escoita, parece algo moi chungo. Polo que, o denunciante seica fai isto, pra que o xulgado investigue. O cual indica que todo parece unha conxura pero moi debilucha. 

Mais iste tipo de denuncias lémbranme ás que facía quen hoxe é alcalde da cidade Ourense. Ou sexa, denuncias sen probas que rematan sendo arquivadas pero que fan moito dano, pois son fonte de especulacións que remoen en moitas conciencias da cidadanía e dan pé a outro dito: algo haberá ou; cando o río sona e que auga leva etc. Denucia que algo queda parece ser o obxectivo. E todo, con tal de esnaquizar ó adversario político.

Mais, no caso de Podemos, grupo que naceu ó calor das protestas do 15M, e que , segundo dixeron viñeron pra acadar o ceo, e salvar ós primidos e aproveitando a coxuntura dos recortes e da corrupción que xiraba arredor deles, marcaron unhas reglas de ética na política e uns límites e esixencias moi altos. Pois eles foron os que berraban que os electos non os representaban e esixian limpeza e demisións a todo deus, aínda que soamente estivera imputado ou investigado. Mais a vida política dá moitas voltas. E, o que nalgún momento dixeches, logo se volve contra ti. Pois o que denuncias e esixes para os outros, cando o tes na túa casa deberás aplicalo tamén. E iso manca moito e axuda a que afloren as contradicións internas e merme a credibilidade do grupo cara ós cidadáns.

A arrogancia na política é moi mala compañeira. Jácome é os seus muchachos, guiados polo letrado, non reparaban en ir o xulgado sen probas, e pra colmo na casa da xustiza admitían todo a trámite. E así viñan os titulares nunha prensa que precisa moitas veces de chamativos letreiros. Podemos, durante moito tempo, cecais por inexperiencia, fixo algo semellante, pois quixo convertirse en guia ética e en salvador das moitas inxustizas sociais que hai. E agora emerxen as incoherencias e o ter fíar moi fino pra non sofrir o calvario das denuncias que te marcan por mor de ser moi populista e por non saber desmarcarse de certos individuos que pululan e mal gobernan países que pouquiño pintan no mundo. E estou pensando nos do Caribe e outros semellantes.

En fin, o refrán di moi clariño: Coa mesma vara que tu mediches, con ela serás medido. E agora toca aclarar cousas e sofrir os desgastes de ser, moitas veces, uns deslinguados prometendo o ceo e a gloria.