Opinión

Dúas maneiras de actuar na política

A política, cando se exerce con obxectivos claros e se traballa polo ben común da comunidade, engrandece ás persoas que a practican

Participar na vida pública, ou se o prefiren na política, implica ter interese polas cuestións da gobernanza e dos asuntos sociais que afectan á sociedade. E, polo tanto, sentir os problemas colectivos como algo propio, pra logo buscarlle solucións sempre en beneficio da colectividade. Esto que parece básico non sempre se cumpre, pois algunhas persoas non van á politica precisamente a eso. Van a vivir dela e pouco máis.

Estes días dúas novas chamáronme a atención, pois afirmo que me fixeron reflexionar e afianzarme na idea de que, non toda a xente que anda nesas leas, ten os mesmos obxectivos.

Vexamos: o xefe dun partido, que goberna dense dempre esta provincia, anuncia que aspira a que a súa formación siga no poder moitos decénios máis. E lanza unha serie de propostas pra recuncar no posto. A cuestión semella perfecta pois é o candidato único. Mais en todo o decálogo non se atopa ningunha medida que fale de obxectivos pra esta provincia que anda polas cola de todos os índices sociais de Galicia e do Estado. Tampouco vexo unha clarificación do que se fixo ben, ou, como minimo, unha autocrítica do que se fixo mal e cales serán as medidas estrela no futuro pra sair do maramo e declive social. Mais ben, dase a entender que todo é perfecto e que, o único obxectivo é manterse no poder sen máis. Ou sexa: seguir así moitos anos, o que implica camiñar fenecendo sin alviscar un futuro espranzador.

Pola outra banda, a señora Pontón, anuncia un tempo pra reflexionar sobre o seu futuro político e, intúo que tamén sobor do camiño que terá que coller a formación que a día de hoxe lidera. Ela é sabedora de que o BNG, se realmente quere superar ó poder municipal, ten que evolucionar pra tratar de entrar en eidos onde o voto nacionalista é moi escaso ou nulo. E tamén de que, a día de hoxe, a formación ten moitos votros prestados, co que superar o número de escanos será unha tarefa complexa. Ademais sabe que a súa formación, e así o dixo non hai moito tempo nun acto a carón da piscina termal das Burgas, precisa estar presente en ámetos sociais onde de momento campan outras formacións que teñen o monopólio dos votos.

Con todo, dúas maneiras de ver a política e de actúar. Unha, dende a prepotencia e a arrogancia de saber que o posto está seguro. E de que, o que importa, é o poder e o demais é secundario. Pois aspira a que o PP siga gobernando mais decénios. Aínda que sabe que sempre mandaron nesta provincia.

Outra moito mais sinxela, máis humilde e interesante, pois está aberta ó debate é incluso pode semellarse á que hai moitos anos fixo Felipe González no PSOE. As sociedades mudan e as formas de pensar tamén e, consecuentemente, as solucións nun mundo como o actual tamén. E iso implica ou reformarse ou seguir sendo oposición e apoio necesario doutras forzas.

En fin, a política, cando se exerce con obxectivos claros e se traballa polo ben común da comunidade, engrandece ás persoas que a practican. Cando agocha outros intereses, e a cousa pública queda relegada a outros obxectivos, pouco se pode esperar pra mellorar a sociedade. E eso é o que teñen que valorar os cidadáns cando sexan chamados ás urnas. Velaí dúas maneiras ben distintas de entender e actuar na defensa da cuestión pública.

Te puede interesar