Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
AVE sin freno
En proceso
</nav> </header>
Refrescar de cando en vez a memoria é un bo exercicio. E afirmo esto pois moita xente que non quere ver a realidade, ben por simpatía ou cerrazón ideolóxica, xustifica o comportamento das ditaduras e non se atreve a denunciar o que ve e sigue coa matraca de que todo é unha manipulación da prensa. Neste noso Estado, ate a chegada da democracia e a Constitución do 78, o termo democracia orgánica era o nome co que a ditadura franquista quería branquear a cara do réxime. Non había eleccións libres; o partido único era o que estaba en todas as institucións e cando había unha consulta, tipo referéndum, aparecían máis votos que votantes.
Falando con cubanos que viven hoxe eiquí e despois de escoitar o funcionamento do sistema político chamado revolucionario, a conclusión é que en Cuba o que hai é unha ditadura co nome de democracia orgánica. Algo semellante ó que había no franquismo. Non en vano Fidel admiraba ó rexime do xeneral golpista. En Cuba, solo hai un partido político legal que o controla todo. E aínda que un pode presentarse como independente ás eleccións na illa, ó final a purga soamente escolle ós do partido. Ademais, a xente que pertence ó partido ten unha serie de prebendas que os demais mortais non teñen. E cando hai que actuar e saír en defensa da revolución saen, pero defendendo tamén os seus privilexios. Ou sexa: os do partido son unha casta fronte ós demais cidadáns.
O discurso chamando ó enfrontamento do presidente pra frear ós alcumados “mercenarios” enviados polos Estados Unidos é a milonga que levan repetindo dende hai máis de sesenta anos todos os partidarios do réxime. O bloqueo inxusto non favorece a situación. Mais non é o culpabel de todo o que acontece na illa. O máis triste do asunto é que, despois da explosión dos cidadáns protestando, o señor Canel, pesidente da República, tivo que enmendar a plana e aceptar que en Cuba a xente pasa fame física, e polo tanto permitir todo tipo de axuda alimentaria e de medicinas que veñan do exterior sen gravalas con aranceis. Ou sexa, recoñecer que a xente saíu á rúa protestando polo mal funcionamento dos servizos, da fame e tamén pedindo liberdade.
As novas xeracións de xente xa non cren nesa revolución que, se ben tivo acertos nalgunha parcela como a do ensino, leva sido un fracaso absoluto en todo o demais. Cuba, a día de hoxe, non ten industria e vive practicamente a expensas do turismo. E un país que nada fabrica nin cubre o autoconsumo e depende en case todo doutros estados está condenado a vivir sempre na miseria.
Un cubano afirmaba que hoxe a illa sobrevive grazas ás divisas dos seus emigrantes. Caso semellante ó que aconteceu en España nos anos sesenta e setenta, pois os cartos que mandaban os emigrantes en Europa foron fundamentais pra mellorar a nosa precaria economía.
Ben sei que os goberrnos dos estados teñen difícil condenar ás ditaduras, pois os negocios de empresas obrigan a manter unha liña de comunicación sen ferir a estas. Pero o presidente Sánchez díxoo moi clariño: Cuba non é unha democracia. E a bos entendedores sobran máis verbas. En fin, cando nun país os gañadores dunhas eleccións controladas polo único partido obrigan aos que non pertencen a el e non o apoian, pecha os canles de expresión e trata os discrepantes como disidentes, algo cheira a podre. A ditadura, por moitos adeptos que mova, ao igual que o facía o franquismo na Praza de Oriente, caerá polo seu peso pois o conto de que a culpa de todos os males veñen do exterior xa ninguén o traga. E cando nun país, os que gobernan non fan autocrítica, ou é porque están cegos, ou temen as represalias se perden o poder. Por iso, todas as ditaduras argallaron un sistema de votacións como no franquismo e tamén en Cuba pra branquear o sistema que as perpetúa no mando. E logo din que o país en cuestión é unha democracia co adxectivo de orgánica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
La playlist de...Paquito D'Rivera
"Hasta que se abonen todos los atrasos"
Los policías locales de Ourense mantienen su pulso con Jácome con la San Martiño de por medio: "Nos vemos obligados a denunciar"