Recuperando autores e músicas
Aínda non hai un ano cando Isabel Rei Samartín presentou a súa Tese Doutoral sobre a guitarra en Galicia. Primeiro traballo importante no que descubrimos moitas cuestións musicais que eran descoñecidas sobre un instrumento que leva presente na vida desta terra dende hai moitos anos; mellor: dende hai séculos. Nesa tese, ademais de pór luz sobor de moitas crenzas e ditos que hai sobre iste instrumento, o traballo sacou do esquecemento a nomes de xentes que compuxeron e tocaron pezas para a caixa das seis cordas.
Pois ben, pasado ise curto espazo de tempo, esta profesora do Conservatorio de Compostela, sigue rebuscando e descubrindo o pasado musical galego, e froito dese traballo, hai uns días presentou o primeiro CD de música pra guitarra nacida en Galicia. Neste traballo aparecen muiñeiras, pezas anónimas, preludios, sonatas e cantigas, e con elas o nome de autores descoñecidos para moita xente que sinalan que, en Galicia a guitarra ademais de ser un instrumento que aparecía soamente como de acompañamento nas rondas e nas orquestras de corda pulsada, tamén tivo e ten un espazo para pezas nas que actúa con entidade propia ou como solista.
Así saen á luz nomes de compositores e guitarristas como: Avelina Valladares e Marcial Valladares, Federico Moreti, Xoán Parga, Xoán Montes, Ramón Gutierrez Parada de Ourense, e outros máis actuais; nomes que axudan a ter unha visión do que se facía musicalmente nesta terra anos atrás.
En fin, un disco con moito sabor galaico, que persigue valorizar xentes e músicas que con diversos estilos naceron hai anos e estaban esquecidas para nós. Un CD con certo aire de música antiga que enlaza coa tradicional e que nos achega a un pasado moi descoñecido pra maioría da xente en xeral e, en particular, do mundo da guitarra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EN EXTRAÑAS CIRCUNSTANCIAS
Dos menores encuentran muerto a un matrimonio irlandés en el jacuzzi de su casa en Cullera