Opinión

San Breixo: 40 anos de vida

Ovindeiro seis de setembro a Asociación San Breixo cumple 40 anos dende a súa legalización. Esta efemeride avívame a memoria e traeme moitas lembranzas, pois en Seixalbo, antiga Vila e Couto do Bispo ate 1835, a unidade veciñal sempre foi o alicerce que serviu de motor para acadar logros sociais moi importantes. Logros que, vistos dende a perspectiva actual, marcaron fitos incluso na historia de Galicia. Lembrarei que os foros foron elimindados no 1859 e que no resto de Galicia existiron, nalgunhas partes, ate os anos sesenta do século vinte.

A clave deste éxito foi que, todas as persoas que estiveron á fronte das reivindicacións, sempre tiveron un grande respaldo dos habitantes do lugar. E iso, en boa medida, acadouse porque, nesta pequena vila, sempre houbo asociacións que agruparon e organizaron á xente. Outra clave do éxito reivindicativo estivo en que sempre se pudo elexir a un alcalde para solucionar os problemas que tiña esta comunidade. Aínda que esta tradición rompeuse coa Ditadura franquista. Pois os chamados pedáneos volveron a seren nomeados polo alcalde de Ourense que é a quen repesentaban. Esta maneira de elexir ós representantes veciñais mudou ó chegar a época democrática. Pois sendo alcalde da cidade O Sr. López Iglesias púdose elexir un representante dos veciños. Máis vendo que as cousas podían trocar, como así foi coa chegada do Sr Tabarés á alcaldía da cidade, un grupo de homes decide formar a Asociación de Veciños San Breixo.

Uns anos máis adiante 1985, comenza unha andaina en pugna cos alcaldes de barrio. E será coa chegada de Manuel Veiga Pombo á casa consistorial cando queden eliminados os chamados pédaneos. Dende aquela, San Breixo asume todas as reivindicacións veciñais e hoxe sigue a ser a voz de todos os seixalbeses diante as istitucións públicas.

Moitos foron as persoas que pasaron polas diversas directivas. Todas traballaron da mellor forma que podían para acadar as moitas melloras que dende esas data se foron plantexando. Arranxo do saneamento e as rúas do casco antigo; creación do parque da Infesta; recuperación dos Comunais; cambio do alumado público e un longo etc. Todas adicaron esforzos para conseguir o mellor para este fermoso lugar. Claro, sen cobrar un peso. Había boa vontade de servir á comunidade e Queríase mellorar.

A día de hoxe, Seixalbo é un lugar moi ben dotado de servizos con un casco antigo digno de ser visitado. E un lugar que ten engado e que atrae a visitantes e novos veciños. Pero, con todo, tamén é un núcleo que ten problemas importantes sen arranxar : os coches no casco antigo, a fibra óptica e outros asuntos que esperan solución. Sigamos o camiño da unidade e esperemos que a Asociación, co apoio de todos saiba, encauzar e resolver istes asuntos.

En fin, 40 de existencia é unha vagaxe da que todos debemos estar moi orgullosos. Pero, a clave do éxito, sempre foi a mesma: unidade veciñal e reivindicativa fronte ás diversa isntitucións.

O día seis será unha data de lembranza para os que xa non están e traballaron arreo por este lugar. E tamén será un día de ledicia para os presentes, pois que unha institución teña 40 anos de vida é un grande éxito colectivo do que todos debemos estar moi orgullosos. 

Te puede interesar