Opinión

Sociedade líquida

Cando se cumplen cen anos do atentado de Sarajevo que desencadeou a primeira guerra mundial, e ollamos os feitos políticos e sociais que se produciron neste espazo de tempo, concluímos que a historia europea camiña de maneira vertixinosa, tanto no eido ideolóxico e no social, como no referido a modificación das fronteiras e nacemento de países. As sociedades, como entes dinámicos, mudan en función de moitos factores pero hai dous que son a base de todo. A economía e a ideoloxías.

Na vella Europa aconteceu, nos cen anos referidos, a primeira gran guerra mundial, logo a civil española, preludio da segunda gran guerra, e posteriormente a caída do muro de Berlín e do comunismo; logo veu a guerra dos valcáns. Iso sí, pasando polo nazismo e o fascismo, ate que chegamos á globalización das comunicación e da economía, o que deu lugar a outra crise que aínda non terminou, e non sabemos como rematará.

Zygmunt Bauman (Polonia 1925) premio Príncipe de Asturias 2010 en humanidades, despois de analisar a evolución social europea, conclúe que o dinamismo da sociedade europea trouxo unha Europa moito máis complexa e inestable e que il lle chama “sociedade líquida”. Pois nela non existe a seguridade nas normas que si existián hai menos de cen anos. Normas referidas valores e taménn a principios e equilibrios ideolóxicos e políticos.

A prosperidade que veu despois da segunda guerra mundial, e que deu lugar o nacemento tratado de Roma (Mercado Común) e agora a U.E. vese comprometida coa competencia da man de obra barata de países emerxentes do chamado segundo e terceiro mundo; A globalización económica e a falla de globalización dos dereitos sociais, e o exercicio do liberalismo de mercado sen control, está a relegar ás persoas a un espazo no que soamente son considerados consumidores acríticos cos mínimos dereitos de defensa. O culto á personalidade e ó ego propio, modificou a táboa de valores. Agora valorase máis, por exemplo, co saber, o poseer aquelo innecesario e ás veces inútil. Valórase o vivir día a día, o que reflexa unha sociedade chea de incertezas.

Por iso, nos momentos de crise como no actual, e cando volven aflorar os radicalismos e os populismos que prenden nas xentes facilmente, pois o cabreo social, e a corrupción son o caldo que impide racionalizar e ver máis alá das causas e necesidades inmediatas.

Por iso Bauman fala de sociedade líquida, ou modernidade líquida, pois esta non é plenamente estable e impide planificar a medio e menos a longo prazo, dado que nela todos os valores e políticas está en revisión permanente. Ademais, de estar gobernada por superestructuras de poder non elxidas polos cidadáns.

En fin, parece que cen anos é moito tempo, e dende que aconteceu o crime de Sarajevo apenas pasaron tres xeneracións. Pero o certo é que daquela feneceu unha Europa, que anos atrás parecía inmutable, e despois dos anos, esa mesma Europa, estase a converter nun espazo en plena revisión, onde os populismos aparecen de novo como a solución dos problemas que naceron dun modelo de políticas que crearon unha sociedade que agora resulta difícil de manter; dunha sociedade que envellece paulatinamente, e que parece incapaz de avanzar nunha unión europea chea de contradicións e incógnitas. Coidado cos populismos. E revisemos a historia, pois dela podemos aprender e correxir erros.

Te puede interesar