Opinión

Tinte galeguista

Estas pequenas pinceladas con brocha gorda non van a trocar o camiño da decadencia na que vive esta provincia sen mar e moi avellentada

Non sei se por esquecemento, ou por ser un crego, dende os primeiros anos da democrácia non escoitei falar máis de Basilio Álvarez, aínda que si visitei con compañeiros de militancia a Igrexa onde el exerceu, pois a súa figura como persoa é moi importante. Iste home, defensor do agro e loitador contra o caciquismo e a eliminación dos foros, a día de hoxe, está esquecido pra grande maioría social.

Sabemos que, quen descoñece o pasado dificilmente entende o presente. E pra falar da eliminación dos foros, ben por eximición ou redención como foi en Galicia, é importante non esquecer a iste senlleiro ourensán. Basilio é unha figura esencial na loita contra o caciquismo, a dependencia dos poderosos e abuso desa xente. Pero, o máis curioso do tema, é ver como os que nunca foron galeguistas actúan con formas e maneiras semellantes as denunciadas por Basilio, e pretenden ser os únicos artífices das súas lembranzas e homenaxes.

Segundo varios medios de comunicación hai uns días e o xefe provincial presidiu un acto na parroquia de Castro de Beiro homenaxeando a iste cura que exerceu o periodismo xunto coa acción política nos primeiros anos do século XX, e que finou no exilio. O tema non sería obxecto deste comentario se a lembranza que en Beiro se fixo fora unha homenaxe ampla na que tamén estiveran presentes as distintas forzas e partidos políticos que teñen representación na cidade das burgas.

Mais parece que, o afán de ser o mellor da clase, impediu ampliar o abano dos asistentes. A intención é de que todo quedase nas mans do promotor, pois pra eso actúa como se fora o señor da provincia cuestión que chama moito a atencion. Non quero pensar que díra Basilio, si vira que, moi sibilinamente nesta terra, perduran moitos dos males que il denunciaba. Seguro que quedaría abraiado.

As ansias de seguir mantendo un certo tinte galeguista tamén pudo ser a causa, tinte que algúns romáticos donos de siglas aplauden como se o tinte non se esvaecera ós poucos días de dar á pócima. Pero os feitos e as súas consecuencias, ó fin e o fallo, son as que dan ou quitan a razón e, de momento, galeguistas nos populares non hai. Todos son accións pra galería. Mais o certo é que estas pequenas pinceladas con brocha gorda non van a trocar o camiño da decadencioa na que vive esta provincia sen mar e moi avellentada; provincia que mira o futuro poñendo por diante ó dito: de moitos: que lle imos facer, o caso é ir tirando, etc.

Agora que agochar as canas, dándolle un tinte pra quitarse uns anos, está de moda, parece que poñer o traxe de galeguista vende e así semellar que un é un chisco máis moderno e preocupado polo futuro desta terra, cando a realidade di o contrario, pois soamente impota o poder.

Con todo, non hai que esquecer que os tintes nos cabelos, pasados uns días, deixan ver de novo as canas, e amosan a faciana verdadeira do persoeiro. Por eso, no fondo desta cuestión, latexa a ansia de protagonismo e de propiedade do ente provincial, e iso, por moito que se queira debuxar de poderío, soamente indica soberbia e mediocridade. E nesta provincia e na cidade dende hai uns anos hai moita. E así nos vai de ben. Pois imos de victoria en victoria ata a traxedia final.

Te puede interesar