Opinión

Ventos teocráticos

Cando en case todo o mundo o poder político independizouse do relixioso, despois de vinte anos de vivir tentando rachar co pasado, os americanos e os demais socios fuxen de Afganistán e volve o pesadelo do poder teocrático.

Qué pouco se aprende de ollar e analisar a historia. Un refrán moi popular di: cría corvos que logo che arrincarán os ollos. E así é. Os americanos tentando amolar a outras potencias, hai anos, déronlle folgos ós Talibáns, cando istes só eran un grupiño. A competencia cos rusos na loita pola exemonía mundial levounos a esa postura. Logo, veu o terrorismo e a caída das torres xemelas; despois a invasión de Irak e a intervención en Afganistán. E agora, logo de vinte anos fuxen deixándolle ós barbaros armas e material pra fortalecérense máis e pasar polo forro os dereitos humanos e, en especial, os da mulleres.

Tristeiro papél de occidente nese conflito. Tristeiro papel dos ianquis en Irak onde soamente levaron destrucción. Sí, derrubaron a un ditador sanguinario, mais abriron as portas a unha loita trival entre os iraquís e todo co conto das armas de destrucción masiva.

E agora qué? Que facer cos milleiros de refuxiados que fuxen dun goberno que vive nos tempos do fanatismo relixioso. As relixións, que se alimentan da boa fé da xente e que se apoian nas cruzadas pra poder seguir influindo no poder político, están no cerne de moitos pesadelos mundiais.

Volven tempos teocráticos onde o que se pretende é frear a evolución das sociedades. Onde o obxectivo é impoñer a fé sobor da razón ou se o prefiren do racionalismo. Razón e fé sempre andiveron en loita pola supremacía. E de novo, apoiándose na relixión, os talibáns pretenden machacar as liberdasdes de pensamento, asociación e das persoas. Claro que occidente negocia con outros paises como Arabia Saudí onde a muller tamén as pasa estreitas.

Nós, que vivimos en democracia, tamén estamos expostos ós ventos do retroceso e a perda da liberdade de expresión. No fondo do vaso acobillan as ansias de controlar o poder mediante a imposición de cuestións ideolóxicas que actúan como se fosen dogmas de fe. E a iso chámase controlar as super estructuras mentais.

Vivimos nun tempo onde todo se move, e semella que a nosa sociedade está enriba de areas pouco estabeis. Pois tamén, en occidente, e por ende no noso estado, esperan o momento os fundamentalistas coa túnica do patrioterismo de bandeira na solapa e na pulseira. Ollo con eles, pois aínda que non o din claramente, añoran e desexan volver á ditadura, a longa noite de pedra, á teocrácia encuberta. E deso xa quedamos ben fartos.

En fin, a vida diaria no mundo dá moitas voltas que non están previstas. E o acontecido en Afganistán é un bo indicativo de que os inanquis alimentaron corvos que, dende hai anos, queren arrincarlle os ollos.

Te puede interesar