Opinión

Xogando cos sentimentos

Opinión

Xogando cos sentimentos

Apelar ós sentimentos sempre deu un bo resultado no campo electoral. Os humanos actuamos moitas veces por impulsos, feito que, en certa medida, contraponse co que se entende por pensar e tomar decisións con racionalidade. Ou sexa: valorando e sopesando pros e contras diante unha determinación importante como a de votar.

Se miramos cara o pasado, lembraremos que, cando o PP gañou as primeiras eleccións nas que se desaloxou do poder da Xunta o bipartito, decatámonos que, daquelas, a campaña basouse en axitar os sentimentos dos electores. Cales foron os elementos determinantes que lle deron o deputado da maioría o PP? Pois, xunto a unha campaña continuada de desprestixio que algún medio escrito fixo, as cadeiras que se mercaron para o despacho de Touriño, o coche do presidente, a foto de Quintana no iate dun empresario galego e o baile do vicepresidente cos maiores. Houbo algún feito racional que discutira propostas políticas ou económicas? Non. 

O certo é que os asuntos elexidos, asuntos que logo se engrandeceron na propaganda electoral e nos actos políticos, foron determinantes para acadar o obxectivo da vitoria dos populares: teu un deputado máis. Pois o suposto gasto abusivo e o despilfarro nuns asuntos concretos, fixéronlle moito dano a quen daquela gobernaba. Cal foi a estratexía que se seguiu? Apelar ós sentimentos dun sector pequeno dos electores que actúan por impulsos máis que por racionalidade.

Pois ben, dez anos despois, e con medios técnicos moito mellores cós que daquela había, o perigo nos proceso electoral volve de novo. Xogar cos sentimentos da xente e lanzar bulos nas redes sociais é a estratexia. Quedando moi relegado o debate racional das propostas políticas e económicas. Desta maneira, aparecen temas que chegan o corazón dos cidadáns: España rómpese; é unha traizón ós mortos; maus manchadas de sangue; traidor a España; que os emigrantes nos invaden; mil persoas case foron asesinadas por ETA, tantas como ós eiquí presentes; ou conmigo ou contra min, e un longo etc. Mensaxes que se din coa intención de chegar o sentimento das persoas e axitar os máis fondos anhelos ou pór en cuestión temas básicos como a seguridade das persoas na vida ordinaria.

En fin, esta é a compaña que hoxe temos. Estás son a ristras de frases meditadas que se lanzan para un consumo rápido que fuxe da racionalidade, pero que axitan a un sector social pouco dado ao pensamento meditado e reflexivo.

Xogar cos sentimentos, marxinando ou agochando as propostas interesadas dos grupos de poder, sempre foi unha habilidade dos grupos conservadores. Grupos que agora repiten con moita insistencia a modo de mantra eses eslogans. Saben que lles poden dar o éxito. Nestas campañas onde se xoga exclusivamente cos sentimentos dos electores, banalízanse, desprestíxinase e radicalízanse os procesos e, en consecuencia, devalúase a democracia.