Opinión

Mascarillas, idiota, mascarillas

Unha xoven nunha farmacia na mañá de onte.
photo_camera Unha xoven nunha farmacia na mañá de onte.

Diante da brutal crisis á que nos está a someter o COVID-19, de todos son coñecidas as medidas adoptadas polas autoridades, entre outras cousas porque somos, a cidadanía, os actores pasivos e activos das mesmas, medidas que poderíamos calificalas de pasivas, esto é, quédate pechado na casa e non te movas. Lávate ben as mans, e pouco máis, a esperar. Pero a realidade é que ainda seguen a producirse interaccións socias, ben numerosas tódolos días, ir á tienda, polo pan, á farmacia, pasear o can (de momento aínda non vin gatos, iguanas, ou outros bichos).

Poucos lugares quedan xa onde grupos cada vez máis reducidos de persoas poidan coincidir simultaneamente. Por tanto suponse que as precaucións para evitar os contaxios deberían ser extremas. Sucede así realmente?

Polo que sabemos o principal modo de transmisión funciona do seguinte modo. Unha persoa contaminada, que non necesariamente con síntomas ou diagnosticada, exhala ao falar, rir, cantar, toser, estornudar, etc, microgotas de fluidos existentes en todo o tracto respiratorio dende o máis profundo dos seus pulmóns ata os labios ou punta do nariz. Esto facémolo aínda que estemos sans. A diferencia é que nun contaminado, esas gotas arrastran consigo inxentes cantidades de virus. Facilmente se entende que canto máis violentamente fagamos estas accións, máis cantidade de aerosol estamos vaciando na atmósfera circundante. Cando chega ao chan? Merecería un tratado aparte, pero en principio depende da velocidade de saida, resistencia da atmósfera nese intre, existencia de corrientes de aire, e alguna outra variable máis. En todo caso, desconfianza absoluta. Pensemos no asunto, pareceráque a clave, pois, está en EVITAR a expulsión ó aire destas micropartículas, que xusto van a ser as que van contaminar comida, obxetos e mesmo ás persoas.

Ollo, porque parece que se levan detectados en excrementos (hixiene e desinfección máxima de lavavos, etc), aparece na lágrima e líquidos oculares, en fin... En todo caso, na rúa non nos andamos a tocar coa parate baixa da cintura (eso noutros momentos), e tampouco somos lagartos cornudos para exectar líquidos polos olllos.

Dito esto e volvendo as poucas ocasións de contacto social. Dende o luns de inicio da alarma, este cidadán viu, panaderías onde quen despachaba estaba sin mascarilla (como si o pan fora a cociñarse), fruterías idem, e falando sin reparos coa clientela mesmo encima das fresas (non envasadas). Pero xa o de onte mércores, foi por demais. Onte, mércores, nun super de mediano tamaño, só a caixeira con mascarilla, dous empregados da carnicería e un subministrador, por certo na entrada do mostrador, falando a todo volumen e descojonándose de risa, a fruteira colocando as verduras ca mascarilla no cuello... Que podemos decir dos clientes. Probablemente a metade da xente que entra vai sin protección algunha (o mesmo que nas farmacias).

Sexamos máis activos. Só impedimos o contaxio se aillamos ao contaxiador. Como non sabemos quen é, protexámonos todos

Nunha pandemia deste tipo, o máis importante é reducir a tasa de contaxios. Sexamos máis activos. Só impedimos o contaxio se aillamos ao contaxiador. Como non sabemos quen é, protexámonos todos. Como, tapandonos a boca e o nariz. Temos o instrumento para elo? Si. As mascarillas cirúrxicas, e todo o mundo obrigatoriamente con ellas pola rúa, e fundamentalmente para entrar en calquer establecemento. Preocúpense as autoridades para facilitalas.

Nese intre, alomenos cubramos a boca e nariz, se fai falta co fular, pañuelos ou con burka, turbante tipo tuareg, co que coño sexa. TAPéMONOS A CARA, e faciliten mascarillas para os despachadores e fagan obrigatorio o seu uso.
Para pechar, inserto textual dende https://www.asepeyo.es/blog/seguridad-laboral/mascarila-frente-al-coronavirus-la-necesitas/ (recomendo a súa lectura completa).

“Por tanto, para evitar el contagio por el coronavirus...

La finalidad de la mascarilla quirúrgica, por su diseño, es adecuada para evitar que quien la porta pueda contaminar a su entorno. Su tejido recoge las microgotas que podemos exhalar al respirar, pero es más difícil que retenga todas las partículas existentes en el ambiente cuando inhalamos, ya que no sella su perímetro.”

Ou, só pensan en pecharnos indefinidamente? Por favor, despois dos 140 infectados máis nesta provincia (datos día 2 de abril).

Te puede interesar