Opinión

Galegos e sindicalismo na Patagonia

O “Gallego Soto”, así chamaban na Arxentina ao dirixente das folgas de 1920-1921 realizadas na actual provincia de Santa Cruz, na Patagonia. Antonio Soto naceu o 8 de Outubro de 1897 na cidade de Ferrol, e morreu en Punta Arenas, na Patagonia chilena, o 11 de Maio de 1963. emigrou por segunda vez a Bos Aires no ano 1914 (xa estivera uns anos de cativo), e no ano 1920 chegou á Patagonia arxentina, como tramollista nunha compañía de teatro. Alí incorporouse axiña á Sociedad Obrera de Rio Gallegos, da que o 24 de Maio de 1920 foi elexido Secretario Xeral; varios paisanos máis forman parte da dirección. 

Rio Gallegos, capital do territorio de Santa Cruz, tiña daquela 4.000 habitantes, era un porto de saída de lá e tiña unha pranta frigorífica, porén despois da guerra mundial minguan as exportacións e os atrasos no pago dos salarios. Comezan as folgas, primeiro na hostelería, despois nos frigoríficos e o porto. Axiña exténdense a outras cidades e especialmente as “estancias” (facendas) de Santa Cruz (territorio de 250.000 quilómetros cadrados e uns 18.000 habitantes). Os peosn do campo eran na súa moiría chilotes (chilenos da illa de Chiloe, perante a colonia Nueva Galicia), porén tamén habia europeos. Todos eles traballan en condicións feudais. Non tiñan camastro no que se deitar, carecian de velas, as instruccións dos botiquíns estaban en inglés

A Patagonia estaba daquela en mans de moi poucas familias terratenientes, especialmente británicas, que varias décadas antes remataran cos indíxenas cazándoos como se de coellos se tratase. Rio Gallegos ademais estaba moi lonxe de Bos Aires, a presencia do Estado arxentino era mínima, e o governo temía cos estancieros se inclinaran por Chile, polo que cedeu ante a súa esixencia de represión. Esta non tivo contestación axiña por parte da opinión pública xa que se lle presentou aos folguistas como estranxeiros que pretendían instaurar unha comuna socialista.

Nas “estancias” o paro foi masivo e ademais sería onde a conflitividade adquiriu maior radicalidade. As negociacións foron moi duras pola intransixencia da patronal. Mais chegase a un acordo. Os patróns non cumpren, e a folga reiníciase. O exército volta a Rio Gallegos coa orde de actuar (dada por Yrigoyen, radical, e o primeiro presidente realmente democrático; porén cede ante as presións do Goverrno Británico). Principia a represión, as matanzas. Calculase que o saldo da represión militar foi de entre 1.500 a 2.000 mortos e miles de feridos. Entre as víctimas obreiras moitos galegos que son unha parte considerabel da man de obra, xa que o 20% dos habitantes eran orixinarios do Estado Español segundo o censo de 1920, e a proporción era moito máis grande entre a povoación activa. En La Anita, unha gran estancia, 350 peóns son fusilados, ao se entregaren deixandose enganar polos mandos do exército. En desacordo con esta decisión e outras accións dos peons Soto deixa La Anita e atravesa a fronteira con Chile cun grupo de folguistas.

Soto seica falaba unha mistura de castelán e galego, polo cos peóns non lle entendían todo o que dicía, mais era tanta a forza que transmitía que todos o seguían. El facía as otavelas, elaboraba as proclamas e redactaba as táboas reivindicativas, ía a cabalo a cotío entre unha estancia e outra, nun territorio inmenso. Así era Soto, por eso o sindicalismo de Arxentina e Chile ve nél a un dirixente a reivindicar. Pra nós é un paisano que fixo o que debia na terra co acolleu, e que nunca esqueceu a súa patria. Fundaria anos despois o Centro Galego de Punta Arenas, e ensinoulle a súa filla a nosa lingua. Así foi Antonio Soto, así foron tamén moitas dúceas máis de paisanos que participaron na loita dos peóns da Patagonia (como Outerelo, Graña... ou Puente, en Puerto Natale). 

Te puede interesar