Opinión

Portugal choca coas eivas estruturais

Non só en Francia, Reino Unido e Alemaña hai protestas contra a caída do poder adquisitivo dos salarios, e o deterioro das prestacións básicas. A maior central sindical de Portugal, a CGTP realizou unha mobilización nacional nacional, cunha asistencia superior ás 100.000 persoas, o pasado 18 de marzo, deixando en evidencia que os problemas laborais e sociais van a máis en toda a UE, malia que os focos estean concentrados exclusivamente na Guerra na Ucraina e na crise bancaria. 

Milleiros de persoas saíron á rúa en Lisboa esixindo que: “o Governo fixe preços máximos para os bens e serviços essenciais e sancione aqueles que, como as cadeias de grande distribuição, estão a aproveitar-se da situação... aumento dos salários em, pelo menos, 10% e não inferior a 100€, para todos os trabalhadores; valorização das carreiras e profissões; fixação dos 850 euros para o Salário Mínimo Nacional a Janeiro de 2023; efectivação do direito de contratação colectiva; 35h para todos e combate à desregulação dos horários; erradicação da precariedade...

O economista portugués Eugenio Rosa salienta nun do seus recentes artigos sobre o país irmau que “a adhesión á Unión Europea non trouxo un maior crecemento económico, nen unha maior xustiza no repartimento entre o traballo e o capital da riqueza producida no país, e a desigualdade está a aumentar”. Téñase en conta que a taxa de aumento do PIB de Portugal entre 1986-1922 foi como media do 1,99%, máis baixa que nas décadas anteriores, malia a complexidade da década dos setenta (Revolución dos Caraveis, descolonización,...). Nesta conxuntura a tendencia é minguante do PIB vai a máis, xa que a media do 2011-2022 foi do 1,4%, e pra 2023 calculase un medre de só o 1% e pra o 2024 do 1,5%, mentres que o Fundo Monetario Internacional calcula que o PIB mundial crecerá o 2,8% en 2023 e o 3% en 2024. O diferencial negativo que se espera pra Portugal consolida a tendencia dominante das últimas décadas. 

Agora ben, a debilidade do crecemento da economía non afecta a todas as clases por igual, xa que, como destaca Eugenio Rosa:”os 5 maiores bancos (Novo Banco, Santander, CGD, BPI, BCP) fecharam o ano de 2022 com um dos melhores resultados dos últimos anos, quase 2,6 mil milhões de euros, um aumento de 71%; a Galp teve lucros de 881 milhões de euros; o grupo EDP registou lucros de 1170 milhões de euros”. Mentres a inflación atinxía o 7,8% como media, mais nos alimentos era do 20%, afectando polo tanto moi especialmente ás clases populares, xa que se trata de bens de consumo esenciais, que representan unha porcentaxe maior da canastra básica canto menor é o ingreso das familias. 

Portugal, malia o ingreso na UE, non superou as eivas estruturais que lle impedían desenvolver a economía en beneficio das maiorías sociais, como se ve nas reclamacións sindicais en materia salarial e respecto das condicións laborais. Pola contra consolidáronse e mesmo ampliáronse os lucros empresariais, en moitos casos a costa do control polo capital externo de sectores básicos. Segundo Daniel Vaz de Carvalho (Resistir.info): ”há problemas reais como a produção na indústria transformadora (IT) e o défice da Balanza Comercial de bens. O índice médio de produção da IT foi em 2022, 99,5. Isto é, a produção é inferior à de 2015 (base 100): em 7 anos totalmente estagnada! Contudo o volume de negócios aumentou cerca de 30%, refletindo uma inflação que se torna estrutural, dada a insuficiente produção. O remédio que o sistema tem para isto, receitado de Bruxelas e Frankfurt, é como se sabe reduzir o salário real”. Ou sexa, o que viñeron facendo, sen por iso gañar peso na actividade industrial e tecnoloxica, que é chave. Resulta evidente que o problema é sistémico e de soberanía (tamén na Galiza).

Te puede interesar