Opinión

Adolfo Suárez e Ourense

Era a primaveira do 1967 cando visitei a Adolfo Suárez no seu despacho de Televisión Española en Prado del Rey, onde íl era director da única cadea en branco e negro.

Recibiume moi atento e eu espliqueille ao que ía. Desexaba que a TVE viñera a Ourense a retransmitir en directo a final do Festival do Miño. Non tiven que gastar moita saliva pra o convencer, xa que logo díxome que non había inconvinte. Pro pediume un favor: "Vostede dirá, señor Suárez". E íl pedíume que trouxera ao Festival como presentadora a Marisa Medina, xa que logo ía facer un Festival -o do Mediterráneo- en Barcelona. Dixen lóxicamente que sí.

Invitoume a que aquíl sábado pola noite presenciara en directo un programa, "Noche del sábado", que presentaban Gustavo Re e Frank Johan. O conto foi que nos puxeron na primeira fila do plató, a min e a miña dona, e que pasaron varios primeiros planos que nos viron en Ourense. E lembro que ao sair do traballo aos poucos días eu tomaba o vermout no Bar Xardín, e un cliente acercouse e espetoume: "Señor Rego, xa o vin na TVE, pro vaia jaca que tiña ao seu lado". E sorrín, e por non defraudalo respostéille: "Qué, teño bó gusto, ou non?". A que estaba á miña dereita era a miña dona...

A TVE veu a Ourense e no Concello chegaron moitos telegramas de ourensáns de tódalas Españas felicitando ao alcalde Ferrer Garrido e á Comisión das Festas Maiores.

Adolfo Suárez como presidente do Goberno tardou un ano en legalizar ao meu Partido Carlista, mais non pola súa culpa, senón por quen estaba por riba díl. Xa me entenden. E foi un presidente que non cuallou, xa que logo a UCD era un niño de grilos, escomenzando polos democristiáns, etcétera. Mais non se meteu debaixo da alfombra o 23-F como fixo Alfonso Guerra, que lle chamou "tahur do Misisipi", que este socialista sí que siu polas cloacas do Congreso.

Logo presentouse co CDS e fracasou. Agora vai camiño do Alén como iremos todos. Que descanse na paz do Señor.

Te puede interesar