Opinión

¡AI, CATALUÑA!

Encima de las montañas tengo un nido/ que nadie ha visto como él...' O iluminado Mas -que se debera chamar Menos-, da man do Junqueras, e coa 'ambigüedade' do Duran, queren facer unr eferéndum de autodeterminación. Quen esto escrebe defende a autodeterminación das colonias, como doutrina das Nacións Unidas. Mais ¿dende cando Catalunya é unha colonia? Nin colonia, nin champú, como eran as pingadas contra a U (a Unión do Povo Galego).


Ímoslle conceder a Catalunya o título de nación, dentro das Españas: Nación de nacións. Mais todas xunguidas dende fai cincocentos anos. Pro de autodeterminación 'nada monada'. E Mariano Rajoy, 'co apoio' de Rubalcaba, a velas vir...


Eu coñecín a Catalunya nos tempos do franquismo. Estiven alí moitas veces. E era un país ledicioso, cunha cultura propia, co 'seny' e coas sardanas ao sair os domingos as xentes da misa maior nos pobos e cidades.


Catalunya encheuse de emigrantes -galegos, andaluces-, e foi co País Vasco un dos pobos máis protexidos polo franquismo. E agora non queren que o AVE chegue a Galicia, pois según dín é tirar cos cartos. E os nacionalistas nosos a calar, non vaia ser que se enfaden.


¿Qué vai facer Rajoy o día do referéndum de autodeterminación? Aplicar a lei. ¿Pro qué lei, señor Rajoy? Teña coidadiño, non sexa que via chegar tarde e que a liemos.


'Pasaremos la noche en la luna/ viviendo en la casita de papel', que era unha cantiga dun catalán que tivo moito éxito nas Españas do século pasado. ¿Cómo poden os empresarios cataláns non frenar o iluminado do señorito Mas e do Junqueras? ¿É qué non se dan conta que van á ruina? Pois esí está o patio.

Te puede interesar