Opinión

Aqueles 10 de marzal

Este diario La Región publicaba os 10 de marzal -festividade dos Mártires da Tradición- unha esquela e un artigo meu adicado aos que deron a súa vida polo Carlismo. Os artigos tiñan que pasar, lóxicamente, pola censura, mais eu xa me valía de metáforas e de citas que viñan ao caso.

Na emisora E.A.J. 57 Radio Ourense, que era a úneca que había entón na nosa cidade e provincia, a víspera do 10 de marzal tiñamos unha emisión María Esther Alcaraz del Río e mais eu sobor da data en cuestión. E ao Pedro Arcas, que era o redactor xefe da emisora, chamábano por teléfono algúns falanxistas cuia voz era pra íl familiar. Con insultos.

Logo, ás once da mañán, na igrexa de Santa María Nai tiñamos unha Eucaristía, que momentos antes na Praza Maior os carlistas estabamos todos coa boina roxa. E policía polos soportais a ollar o que faciamos.

As primeiras eucaristías as oficiaba don Celso Pérez Carnero, moi amigo noso. E as últimas que eu recordo don Miguel Anxo Araújo Iglesias, que era rector do Seminario Maior de Vistahermosa e tamén moi amigo dos carlistas. E as homilías dos dous cregos citados versaban sobor da valentía que amosaran os carlistas mortos nas tres guerras dos séculos XIX e na Cruzada do 18 de xulio.

E lembro que nunha das ocasións fun buscar a Vistahermosa a don Miguel, co que me unía unha grande amizade ata o día que finou. E ao chegar nun taxi á Praza Maior, don Miguel díxome socarronamente: "Manolo, eiquí hai máis policía que carlistas". E era certo, mais endexamais soupen a que viña aquíl despliegue policial. ¿Ou tiñan medo de que fixeramos algo que contravira as leises vixentes?

Ao remate das eucaristías tiñamos, se cadraba a sábado ou domingo, un bó almorzo que, polo xeral, era no restaurante Pingallo, onde aos postres a min sempre me tocaba de botar un espiche, no que lóxicamente reclamabamos o noso dereito a vivir en liberdade. Eiquí non había policías, xa que logo terían que pagar o xantar e de iso "nada de nada, monada".

Pois esí transcurrían os Mártires da Tradición que deron as súas vidas por Dios, por la Patria, los Fueros y el Rey. E don Ricardo Outeiriño que había militado no Carlismo dábanos sempre o espacio pros artigos e unha foto dun requeté co seu fusil. Don Ricardo dirixira a revista do noso partido -"Misión"- que se escomenzou editando eiquí en Ourense, pra logo facerse en Madrid, na rúa da Cruz, e donde colaboraban asiduamente o ourensán Manuel G. Cerezales, natural de Vilardeviervos (Verín), e que se casara coa escritora Carmen Laforet. E tamén escribían don Vicente Risco e don Ramón Otero Pedrayo entre outros. ¡Qué tempos...!

Te puede interesar