Opinión

ARXELIA

Acompañando ao grupo 'Castro Floxo' que dirixe con acerto Julio Fernández Senra, percorrín tres países onde 'reinaba' o socialismo real. O comunismo. Primeiro fun a Arxelia -da que hoxe escrebo-, logo Hungría e, finalmente, a Unión Soviética. os 'paraísos' da dictadura do proletariado.


Un 29 de xuño de 1988 chegamos a Arxelia, pra logo nun autobús vello trasladarnos á Kabilia. O chofer, Ait Amar Babah, era experto no volante, xa que logo andivera polos desertos do sur da Arxelia. E chegamos logo de dúas horas á capital da Kabilia, Tizi Ouzou. Unha rexión bereber con idioma propio e que desexaban unha autonomía que o goberno marxista-leninista resistíase a lle otorgar. A min hospedáronme no mellor hotel, onde saboreei o cordeiro, as verduras daquel verxel mediterráneo. E común camello, que dín eiquí 'que o se como se cría'. Máis aos meus 82 anos non me saíu chepa.


'Castro Floxo' participou no 'Festival Internacional de Danzas Populares', no que actuaron grupos de África, Asia, e dous da nosa Europa, Francia e das Españas. O día da inauguración, nun grande campo de fútbol con céspede sintético, nun graderío armouse a marimorena. Eu pregunteille ao comisario político que nos acompañaba, e díxome que era cousa de rapaces. Mais ao día seguinte, nos xornais -en francés e árabe- dicían que fora unha rebelión dos mozos bereberes contra a dictadura comunista que elí imperaba.


Coa miña manía de levantarme cedo, os mouros estaban xa coa chilaba posta -pois con ela tápase o frío e o calor-, xa estaban nas beiras das rúas que daba medo. Ou alomenos tíveno, pois dicía pra min, si algún distes dache unha navallada, xa non volto prá Galicia.


A dictadura comunista estaba corrompida, xa que logo, ao ir nun taxi e pararnos un garda pra nos pór unha multa, o conductor dáballe unhos dinares -a moneda arxelina, que non cotizaba en bolsa- e o garda saudábao e deixábao seguir. Estivemos elí oito días, e viaxamos á capital de Arxelia, o Arxel, onde Miguel de Cervantes escribira 'Los baños de Argel'. Percorrimos a capital, o barrio mouro coas mulleres coa cara tapada e visitamos unha mezquita, logo de nos quitar os zapatos. E rubimos, logo de ollar como os mozos se gripaban, ao grande parque que un arquitecto norteamericano fixo o proxecto dun monumento faraónico na horta de 'Os guerreiros'. E tomamos cervexa na Kabilia e en Arxel, en lugares destinados á benda desta sabrosa bebida, que costaba o demo de cartos.


E voltamos pras Españas, que no mesmo avión viñan dous militantes de Herri Batasuna, que estiveron nas conversas co Vera e compañía, e cos etarras que elí estaban acollidos. Pobre Arxelia, soxuzgada polo marxismo.

Te puede interesar