Opinión

Barreiros e de Ruada

Eran os finais de 1972. A directiva de Coral de Ruada que presidia don José González Borrajo -eu era secretario- tomou o acordo de homenaxear en Madrid a Eduardo Barreiros, o grande empresario ourensán.

Quen esto firma coñecía a Eduardo de ir a velo a capital das Españas pra lle pedir que nos regalará unha bandeira carlista aos seus colegas ourensáns. E Eduardo mandou ao acto, que tivo lugar nos PP. Franciscanos, á súa filla Mary Luz como madriña.

Lembro esto porque agora acábanlle de otorgar o Premio Ourensanía 2015 ao xa fenecido empresario. Fumos a Madrid don José G. Borrajo e máis eu logo de avisalo lóxicamente. Citounos no seu grande apartamento da Castellana, esquina Mª de Molina. Elí almorzamos con il. E somentetes puxo unha condición, que a homenaxe fora tamén a súa nai e aos seus irmáns.

A homenaxe da Coral, dirixida por Manolo de Dios, foi todo un éxito de ourensáns e galegos. Invitounos a cear Paquita Rumbao no Hotel Miño. A xornada rematou á mañá seguinte en que De Ruada foi visitar a dona Sofía e don Juan Carlos. Eu namentres fun ao despacho de Eduardo, pois habiame citado. "¿E logo non fuches á Zarzuela?". Resposteille: "Eduardo, eu son carlista", e espetoume: "Eu tamén, dende neno e voluntario na guerra do 36". Deume cen mil pesetas daquela pra De Ruada que xa eran cartos e despedímonos con unha aperta.

Merecedísimo Ourensanía 2015 a quen lle deu traballo a moitos ourensáns e foi galego e ourensán de ben.

Te puede interesar