Opinión

O BISPO URIARTE

Monseñor Juan María Uriarte, bispo emérito de Zamora e San Sebastián -da Bella Easo- sae en defensa do terrorista e secuestrador Arnaldo Otegi. Hai unha boa parte do clero vascongado que ten pecado de omisión e de defender aos asasinos de ETA. Uriarte con Setién, sí, con Setién, aquil outro bispo que foi a visitar a un xoven da súa corda e no centro hospitalario no que estaba, pasou de largo cando tiña, como pastor da Igrexa Católica, que tamén visitar ao xoven Josume Villamadria que se repuña dun atentado dos etarras. E o Uriarte pon de exemplo a Otegi con Mandela, que como decimos na nosa Galicia: '¡Manda carallo!'


Parte da Igrexa vasca estivo sempre ao lado dos terroristas. E pregunto: ¿a cántos curas matou ETA? Pois a ningún, facendo certo aquel vello dito de que 'el agua algo tiene cuando la bendicen'. Prediquen o Evanxelio bispos e curas vascos, e que os etarras, escomenzando por Otegi, pidan perdón polos mortos que eles causaron a xentes iñocentes, mentres a progresía de salón ollaba cara outro lado, e agora non dín nin pio.

Te puede interesar