Opinión

BLAS PIÑAR

Escoitei falar a Blas Piñar por primeira vez no Santuario votivo da Nosa Señora de Fátima, eiquí en Ourense, onde o trouxo moseñor Temiño a predicar a novena da Virxe que se apareceu en Cova de Iría. Logo escoiteino outra vez en Estella (Navarra), na Praza dos Fueros nun Montejurra a onde se achegou logo de que Franco o destituira como director do Instituto Hispanoamericano, xa que logo escribira un artigo -¡Hipócritas!- meténdose cos EE.UU., e que Franco secuestrou o ABC.


O motivo foi porque Ava Gardner chamouno á súa notaría, pois segundo ela os veciños do piso de enriba non a deixaban dormir. Blas Piñar foi ao piso da actriz norteamericana que o invitou a un refresco á espera de que fixeran 'ruido' os veciños de enriba dela. E cando estaban falando, Ava Gardner despoxouse do vestido que tiña e un fotógrafo que xa estaba á espera sacou unha foto pra querer amosar que Blas Piñar se liara con ela.


No Montejurra apareceu e pediu que o deixaran falar, e fixo un discurso antifranquista. 'Vengo aquí, que es el único sitio de España donde se respira libertad y democracia', dixo o que logo fora o líder da extrema dereita.


Pois agora acaba de finar e o que se pode dicir dil é que foi un home coherente coas súas ideas, que non son as miñas.

Te puede interesar