Opinión

¿Catalunya independiente?

Un dos pobos que compoñen as Españas é Catalunya. Un país onde cecais hai tantos que elí non naceron como os nados eiquí. Hoxe os nacionalistas cataláns están a dar a matraca co dereito a decidir, que pra eles e a autodeterminación. Un disparate neste século XXI, que as Nacións Unidas recoñecen ás colonias. Mais Catalunya non é nin endexamais foi unha colonia.

Fai unhas semáns, un dos futbolistas do clube de fútbol da capital de Catalunya, que "é máis que un clube", segundo din agora os seus directivos, un tal Piqué (e que quede claro que son do Celtiña), dixo textualmente que "o Barça foi un bastión na loita contra o franquismo". Outro disparate, ou unha falta de memoria, ou unha falta de coñecemento da historia do Barça na dictadura.

O Barça foi beneficiado polo xefe do Estado Francisco Franco en dúas ocasións: unha no 1965, por acordo do consello de ministros celebrado no Pazo de Meirás, e a segunda en febreiro de 1974. Nas dúas ocasións Franco recibíu sendos galardóns das respectivas xuntas directivas, asemade de ser beneficiado, o Clube Barcelona de toda sorte de ventaxas pra súa expansión social. Dúas insignias de ouro ao xefe do Estado. Si eso considérao o futbolista Piqué "un bastión", ou descoñece a historia do seu clube, ou minte, ou as dúas cousas.

Os victimistas do nacionalismo catalán descoñecen que na Cruzada de 1936 os cataláns que conseguiron pasar á chamada zona nacional, fundaron un Tercio de Requetés carlistas que lle puxeron o nome de Tercio de Montserrat, no que combatíu como alférez un ourensán, Antonio Sánchez Bejarano, ao que tratei íntimamente, e que perteneceu ao Partido Carlista, camuflado como Círculo Cultural "Vázquez de Mella". Santos Bejarano finou fai tres anos. E entre os voluntarios carlistas figurou Antonio Mingote, o gran dibuxante.

E os que descoñecen ou queren descoñecer -pois cálano ben- que Catalunya pasou de pertencer a Francia pra logo formar parte da Corona de Aragón ata 1258 co Tratado de Corbeil. Un dos máis importantes da Historia das Españas. E convén lembrar que no 1594 o bispo de Tortosa queixábase de que os fideis empeñáranse en ir ao templo no que se predicaba en castelán. E iste non é un soio exemplo, pois foron varios os bispos que se queixaban do mesmo.

Fai unhas semáns lin a un afamado columnista dun xornal madrileño no que amosaba a súa preocupación, pois os cataláns poderían botarse á rúa como fixeron na Ucraína. E coido que as situacións son diferentes, xa que logo na Ucraína había fame, miseria e dominio dos xerarcas excomunistas que se fixeron nacionalistas na época de Gorbachov.

En Catalunya a única ditadura é a dos nacionalistas; e fame, o que se dí fame, haina como en tódolos pobos das Españas coa maldita crise.

Te puede interesar