Opinión

A confesión

Eu vexo como nas misas as que vou comulga moita xente, mais pregúntome se moitos se confesan. Coido que a confesión na nosa Igrexa está devaluada, e moitos arrepíntense perante a Eucaristía, mais non pasan polo confesionario.

Como creinte que son, coido que, como se fai nalgunhas igrexas, o oficiante debería a quen está no templo ao comezar a Misa. Con iso evitaríase que moitos creintes que non desexan pasar polo confesionario queden sen absolver. Claro que, como moitos bispos seguen en Trento, pois esí pasa o que pasa. Eu non xuzgo a ningún irmán. O que teña necesidade de confesar que o faga.

Decíame o sempre lembrado e benquerido amigo monseñor Araújo Iglesias “que hai moitos católicos e poucos cristiáns”. Pra cando unha Igrexa que vaia cos tempos, e non estea anclada en costumes resesas? E hai outro tema que convén que os cregos subliñen nas súas homilías, sempre breves como pide o papa Francisco, e non esas pesadeces de moitos cregos que nos dan a lata e non saben como rematar, mentres moitos que asisten á misa están ou rezando ou pensando no que teñen que facer cando saian. O tema, dicía, é que nas esquelas todos morren logo de recibir os Sacramentos, co cal parece que son estos os que matan ás persoas. Por que non poñer nelas que “finou cristianamente, como viviu”?

E remato co que me pasou co meu bo pai, cando estaba a punto de ir ao Ceo, que deso estou ben seguro, porque soupo perdoar aos que o prenderon e quixérono matar na fogueira do 36. O meu pai preguntoume: “Rapaz -sempre me chamaba rapaz- que din os médicos?”. E eu cun nudo na gorxa tiven que lle dicir: “Pois que a cousa non anda moi ben”. “Pois chama ao cura”. E morreu consolado.

P.D.: Pedro Sánchez, o do sorriso permanente, líder do PSOE, fártase de dicir que o PP é a extrema dereita. Sabe este político “de tres al cuarto” o que é extrema dereita? Padeceuna algunha vez, como quen escribe este artigo? Siga por eí que vai cara a ningures, señor Sánchez.

Te puede interesar