Opinión

O Cortixo andaluz

Ademocracia escomenzou cos crímenes de ETA, esa banda de asasinos que agora está nas institucións vasco-navarras. Logo deunos a lata Catalunya co seu proceso independentista que se foi facer puñetas. As puñetas dos xuíces do Tribunal Constitucional. Agora chega unha iluminada andaluza que, como aquela cantiga soio que cambiando o nome, “María Cristina nos quiere gobernar…”. Esta Susana, que non ten nada que ver coa da verbena da Paloma –a Casta e a Susana– como non a proclaman presidenta argumenta que debe gobernar o partido político máis votado. E logo cando nas anteriores eleccións gañara Arenas, e o PSOE aliouse con IU, por que non deixaron gobernar ó PP andaluz?


Claro, como Pedro Sánchez, o do sorriso permanente, di que o PSOE pode pactar con todos menos co PP e Bildu, pois nestas estamos. Un Partido Socialista andaluz que con Izquierda Unida –ou sexa, os comunistas– levaron a esa fermosa rexión das Españas ao paro meirande da Europa, menos Grecia: un 36%. Que fixeron en máis de trinta anos os pesoístas e comunistas na Andalucía de María Santísima?

Pois roubar a eito, con máis de douscentos imputados, entre eles os dous expresidentes da Junta, Chaves e Griñán. Que segundo dixeron ao Tribunal Supremo “non sabían nada de nada”. Elí están Podemos e Ciudadanos estrenándose e perdendo onde coidaban que ían ser os amos do cortixo, e como o PP pegáronse o batacazo, deixando a Susana do PSOE en maioría minoritaria, a mesma que agora di que ten un programa de decencia política e non sei cantas cousas máis. Por que non a aplicou antes, cando era vicepresidenta con Chaves e Griñán, e Zarrías de correveidile?


Inda vai ter que se abster o Partido Popular pra que a Susana sexa proclamada presidenta. Claro que logo nas municipais non apoiarán ao partido máis votado. A Giralda olla o desbaraxuste. Córdoba, “cristiana y mora”, coa que foi catedral católica ata que os mouros, con perdón, a convertiron en Mezquita. E Granada, “terra de sangre y de toros/ mujer que conserva el embrujo de los ojos moros…”. Pobre Andalucía, co fermosa e ricaz que é, en mans duns incompetentes e ladróns a esgalla.
Dona Susana dixo: “Imos votar, que así terei un respaldo tal que me permitirá anular aos ascendentes e fundir ao PP”. Ozú, dona Susana, é vostede unha pitonisa!

Te puede interesar