Opinión

O coruñesista Paco Vázquez

Fai unhas semáns que o pesoista (socialdemócrata) Paco Vázquez, exalcalde de A Coruña e exembaixador de España no Vaticano, foi premiado por un artigo publicado nun xornal madrileño: "España". Quen esto escrebe coñeceu a Paco Vázquez na Xunta Democrática na clandestinidade. Elí figuraba como un demócrata, mais non como representante do PSOE, que daquela non existía na Galicia nosa.

E estivemos xuntos os da xa Plataxunta co Consello de Forzas Políticas Galegas na xuntanza no Eurobuilding, no setembro de 1976. Xuntanza clandestina, mais coa vista gorda de Martín Villa, que era o ministro do Interior con Adolfo Suárez.

Eu tiña moita intimidade con un irmán de seu pai, crego prestixioso, don Antonio Vázquez Miranda, que me chamaba por teléfono pra irlle facer compaña nunha casa onde vivia en Velle, pertiño como se sabe da nosa cidade ourensán. E elí parolabamos dos tempos que don Antonio fora capellán dos HH. Maristas na Coruña, onde eu estiven interno tres anos. E don Antonio era catedrático da Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. Eo falar de Paco Vázquez don Antonio dicíame sempre: "Mire Rego, meu sobriño non é socialista". Ao que eu lle respostaba: "Pois se non é, cómo milita no PSOE?".

Paco, cando chegou a nosa Autonomía, propúxose dende o seu coruñesismo que a súa cidade fora a capital de Galicia. E os que non estabamos conformes -pois desexabamos que fora Compostela- fixémoslle o xogo na súa contra, o cal veulle moi ben pra explotar ese coruñesismo que na cidade da Torre de Hércules levoulle a ser alcalde por maioría absoluta máis dunha vez. E hai que recoñecer que traballou a reo por facer moitas cousas boas na Coruña, que cada inauguración puña sempre un letreiro de bronce que dice máis ou menos: "A cidade de La Coruña y su alcalde Francisco Vázquez...".

Paco non quixo endexamais ter contactos cos nacionalistas, ata o punto de lle reprochar ao PSdeG as súas alianzas con eles. Foi tamén moi amigo de Manuel Fraga, a quen invitaba a súa casa coruñesa. A súa dona é supernumeraria do Opus Dei, e coido que se equivocou de partido, como me dicía unha e outra vez seu tío don Antonio Vázquez Miranda.

Abstubose no Cogreso dos Deputados cando se votou a Lei do Aborto. A última vez que lle din a mau e saludeino foi no funeral na igrexa de Velle, cando veu co seu pai a despedir ao seu tío: un crego sabio e que cando estaba de coadxutor na parroquia da Santísima Trinidade oficiaba a Eucaristía os domingos ás doce do mediodía e as súas homilias eran lediciosas e moi comentadas. Algunha non de gusto de monseñor Temiño, como cando dixo: "No traigáis aceite para alumbrar al Santísimo, que no necesitáis en vuestras casas, que el gobierno nos lo raciona".

Te puede interesar