Opinión

Envío ó Xefe do Estado

Señor xefe do Estado: Quen esto enriba firma está nas antípodas de vostede. Son un proscrito pola obra e gracia dos seus antepasados. Si, de quenes cambearon a lei vixente pra que unha nena de seis anos "reinara" e non gobernara nestas Españas, co cal os que daquela como os de hoxe consideraban que as oligarquías económicas, militares e eclesiásticas afrancesadas e alleas ao autogoberno dos pobos das Españas impuxeran unha dinastía á que non lle correspondía por lei a gobernanza e pasándose polo arco do triunfo aquelo tan vello nas Cortes dos distintos pobos que gozaban da soberanía, e dicíanlle aos reises: "Nós, que somos tanto como Vós, e xuntos máis que Vós".

Pro xa dixera Shakespeare: "¡Oh... qué fermosa apariencia ten a falsedade". Claro que "os ben pagados historiadores liberais" (Carlos Marx) encargáronse de terxiversar a historia, que a escreben os gañadores. E aos poucos que lles ensinaban o que era o movimento máis antergo da Europa -o Carlismo-, somentes plantexaba un "pleito dinástico", o cal era e inda é unha moi grande mentira. E vostede, señor xefe do Estado, que non ten lexitimidade de orixe e menos de exercicio, sabe ben do que lle escrebo.

Non se deixe enganar polo espexismo dalgunhas xentes que o louban e que o aplaudiron a data da súa "coronación". Esas xentes sonlle como aquelas que recibiran ao seu tatarabó Alfonso XII, que a dicir de Luca de Tena -que era da súa corda- "aplaudiranlle tanto como o día que botaran a nai Isabel II".

Seu bisabó, logo dunhas eleccións municipais, largouse dende Cartaxena pro exilio donde naceu seu pai, e salvo un xeral do exército, non houbo ningún espadón que o defendera. E esí pasou o que pasou coa II República sen republicáns. Pois os partidos políticos da esquerda adicáronse a queimar igrexas, conventos e matar a xentes polo "grave delito" de practicar a fe que predicou Xesús de Nazaret.

Ao seu pai o puxo o dictador Franco, que lle fixo xurar os Principios do Movimento Nacional. E eí naceu de novo a súa "lexitimidade" dinástica que hoxe ostenta. E como aquela II República fixo e desfixo, pois hai moita xente que o prefire a vostede por medo a que unha III República sexa un calco da II, na que o ser de dereitas -cousa que eu non son- sexa unha tara pra dicir e presumir de demócrata. Vamos unha estigmatización política.

Vostede fai e seguirá a facer unha política de xestos. De visitas e non moito máis. E con iso ir tirando sin a lexitimidade que lle daría un referéndum onde todas as opcións pideran ser defendidas.

Meus pés, excelentísimo señor, endexamais pisaron pazos, e si o fixeron foi a quenes estaban no desterro.

P.D.- Como verá, non lle falo da súa irmá dona Cristina. Posi o valente non quita o cortés.

Te puede interesar