Opinión

Esí está o conto

Escomencemos escribindo dese "xenio" político que gobernou as Españas, José L. Rodríguez Zapatero. Aquil que dixo que "unha nación é un tema discutido e discutible”. Engadindo máis adiante do seu triste manda- to –o do talante sen talento- que “a Terra non é de ninguén, somentes do vento”. Pois agora pontifica que “Podemos non é populista, é socialdemócrata”.

Por iso reúnese ás costas de Pedro Sánchez na casa de José Bono –outro danzante que ben baila- pra carretar pesoístas a Podemos. Non, se o PSOE parece querer facerlle a competencia ao PP, onde a señora Villalobos, defensora do aborto, mentres preside o Congreso xoga co iPhone cando fala Rajoy. E Irene Sabalete (PSOE) dicíndolle aos seus contrata- dos na Junta de Andalucía: “Tú firma, si no ya sabes”. Logo está Teresa Rodríguez, exeurodeputada e parlamentaria por Podemos en Andalucía, que di que a cultura andaluza é “mestiza”. Xa non é a primeira, pois o gurú Blas Infante foi a Marrocos no 1924 buscando o mestizaxe e vestíndose con chilaba, e convertiuse ao Islam nunha mezquita de Armar. Mais os andaluces ocultan isto, como fan os comunistas non decindo que a Pasionaria –filla de carlistas vascos- confesouse antes de morrer.

Outra que botou dez anos pra sacar o título de abogada, Susana Díaz, non ten o que hai que ter pra suspender de militancia a Chaves e Griñán, imputados polo Tribunal Supremo, os que lle deixaron o sillón. E co 35% de paro, o meirande da Europa, logo de trinta e catro anos de desgoberno socialista con Esquerda Unida de caxato.

A xuíz Ayala acusa á Junta de Andalucía de crear unha rede clientelar, ¡que esí é como se gañan as eleccións nesta terra!, onde o Partido Popular pegouse unha estomballada de carallo, como dicimos os galegos. Claro, nomeou candidato a Juanma Moreno, a quen somentes coñecían na súa casa á hora de xantar. E no PP non dimite nin dios e nin dios dimite.

Xa cantado de antemán, o batacazo de Esquerda Unida, onde un irmán de Alfredo Garzón, exasesor no Parlamento europeo, dixo cando o accidente do avión nos Alpes: “Maldita sociedade capitalista onde unha compañía aérea antepón o seu beneficio empresarial á seguridade dos viaxeiros”. ¡Hai que ser desdichado pra falar esí! Cando na Rusia dos seus quereres teñen caído avións a esgalla e ata os tumban na fronteira de Ucrania.

A exsocialista Rosa Díez, aquela de “ven y cuéntalo” cando era consejera de Turismo co PNV de Ardanza, querelouse contra o grande viñetista Mingote por reproducir ese eslogan cun morto na rúa. Mais o Tribunal Supremo deulle no nariz a esta señora que vai acabar con UPyD, pois en Ciudadanos, Albert Rivera non di cousas doutro mundo, pero é máis sensato e estalle a recoller militantes, como tamén ao PP, que traicionou aos seus votantes co programa que propuña nos comicios que o levaron á Moncloa. ¡Canta nitorría!

Os de Podemos, por boca da señora Bescansa, santiaguesa dunha familia de dereitas de toda a vida, quéixase de que non tiveron os resultados que esperaban en Andalucía. Que non se faga ilusións de cara ás municipais e menos ás xerais, pois o suflé podemista pódese desinflar.

Logo está o cardenal Sistach, arcebispo de Barcelona que inda non abriu a boca pra denunciar á familia Pujol, como fixo cando o Real Madrid –eu son do Celtiña- fichou a Bale. E agora o seu Barça está nos xulgados por presuntos roubos a Facenda.

E remato felicitando a Felipe González por se pór á cabeza do grupo de abogados que queren defender ao líder da oposición venezolana e mais alcalde de Caracas, que o comunista Maduro meteu no cárcere, o mesmo que ten ao pobo sen ali- mentos e a imprensa sen papel pra que non critique. Claro que ao Felipe pódenlle botar na faciana o seu terrorismo de Estado co GAL, do que il e Corcuera se enteraron pola imprensa.

Pois esí está o patio. Tranquilidade e bos alimentos, que vostedes os disfruten. 

Te puede interesar