Opinión

As Españas

Miré los muros de la patria mia,...". Hainos que queren rachar as Españas, a Nación de Nacións de máis de cincocentos anos. Non ollan máis aló que dende o campanario. E hainos, tamén, que separadores queren uniformar culturas, historias antigas, vellos reinos. A diversidade enriquece, a uniformidade destruie. Son as burguesías campaneiras que se aferran ao terruño e non se decatan que xa fai tempo que se disolveron as fronteiras. Outros queren meter en cintura a quenes discrepen do pensamento úneco.

A pantomina do 9-N en Catalunya foi das que fan época. Fixeron aquelo tan vello de Juan Palomo: "Yo me lo guiso, yo me lo como". Na política hai dúas cousas que non se poden facer: roubar e amosar o ridículo. E na Catalunya a burguesía de butifarra e barretina cargáronse a festa dos touros con tres prazas na Barcelona. E todo porque lles sona a español, non polo "maltrato" dos touros que é unha especie a conservar pra que loite coa súa bravura.

Agora hainos -non todos, lóxicamente- que queren ser independentes, cando no mundo mundial a dependencia é unha das bases pra prosperar e convivir. Lembro de novo a don Francisco de Quevedo: "Miré los muros de la patria mia, / si en un tiempo fuertes, ya des- moronados, / de la carrera de edad cansados,/ por quien caduca ya su valentía". 

Te puede interesar