Opinión

ETA E NAVARRA

Hainos que din que ETA está derrotada. Pois sinto moito, mais teño que discrepar. 'Militarmente' ETA está derrotada polas Forzas de Seguridade do Estado, mais no plano político é outro cantar. E démoslle tempo ao tempo...


En outubro de 1973 Miguel Fagoaga y Gutiérrez Solana, carlista de Alsasua (Navarra) pediulle unha entrevista a Franco -Fagoaga contouno aquí en Ourense, cando o invitei a falar na Semana Cultural do Orfeón-. E díxolle ao xeneral do Ferrol que deixara de perseguir aos carlistas no Vello Reino que é Navarra, xa que logo escomenzaban a surxir nacionalistas que tiñan -co PSOE vasco e navarro- o lema de 'Nafarroa Euskadi da' (Navarra e Euskadi). Unha moi grande mentira, xa que Navarra foi Reino denantes de que o iluminado Sabino Arana Goiti fundara o que hoxe e o mal chamado Euskadi, que eran tres diputacións somentes.


Franco, coa súa maneira de pensar, espetoulle a Fagoaga: 'Esté usted tranquilo, que no van a ir adelante los nacionalistas navarros que usted me dice'. Pois hoxe está Eusko Alkartasuna, Bildu, Sortu e Nafarroa Bai. Quenes teñen a consigna de ir colocando adeptos nos centros de estudo, nas cátedras e en tódolos aqueles postos da administración navarra.


O Vello Reino foi dende sempre o 'El Dorado' nacionalista vasco, xa que logo Navarra e tan grande, rico, etcétera, que o País Vasco. Nas escolas navarras ensínanselle o euskera aos nenos, o odio a España, ate o punto de que lle din que o xeneral Zumalacárregui foi un loitador pola independencia vasca. Outra mentira como a maioría nas que se asentan os intelectuais vascos.


Que ninguén bote as campás a voar de que ETA está políticamente derrotada, pois en Navarra hai moitos alcaldes e concellais nacionalistas, no País Vasco dominan a Deputación e mailo Concello de Guipuzcoa, e moitos outros concellos máis. E ata no Parlamento español déixase escoitar a foz da representación navarra de Nafarroa Bai, asemade dos proetarras que o Tribunal Constitucional legalizou incomprensiblemente.


No País Vasco francés a cousa téñena máis cruda, pois Francia é centralista por excelencia, inda que elí -que eu visitei moitas veces- falan o euskera máis que en ningunha outra parte do País Vasco e en Navarra, e elí teñen moitos militantes franceses.


Os terroristas teñen que deixar as armas, cousa que faán nun xesto simbólico pra que o Goberno español sexa magnánino cos presos, que xa o está sendo. Inda que hai que seguir perseguindo a estes facinerosos, que están ben mantidos, non pediron perdón ás víctimas e aos españois en xeral, e que teñen a cachola máis dura que os nosos coios do río Miño.


E que as xentes das Españas saiban que onde gobernan ou non os proetarras, o medo ségueno impondo. Con ameazas e recaudando cartos pra os presos e pedindo o 'imposto revolucionario'.

Te puede interesar