Opinión

FUNDACIÓN FELIPE GONZÁLEZ

OPartido Socialista Obrero Español -se volva- escomenzou a súa andaina co 'Clan da Tortilla' -Felipe González, Alfonso Guerra...-, 'logo de coarenta anos de vacaciós' (Santiago Carrillo). E despois de cargarse a Llopis no congreso de Surenes (Francia), xa o final do franquismo.


Felipe saiu elexido porque o vasco Redondo renunciara a secretaría xeral do novo PSOE. Felipe cargouse o marxismo do segundo partido político máis antergo das Españas -o primeiro é o Partido Carlista-.


Logo das primeiras eleccións, que as perderon gañando a UCD de Adolfo Suárez, ao que lle fixeron a vida imposible, gañaron a segunda maioría absoluta e gobernaron duas lexislaturas.


Agora Felipe González crea unha fundación pra estudiar a súa figura, coa filla da secretaria. Todo queda na casa. Mais fagámonos unhas preguntas: ¿Vai contar que montou no yate Azor de Franco? ¿Vai a relatar que se enterou pola prensa dos GAL que asesinaron a xentes inocentes, que torturaron, que secuestraron e queimaron en cal viva en Almería a Lasa e Zabala, dous vascos que fuxiran a Francia pra non facer o servizo militar? ¿Vai a estudiar como roubaron baixo o seu mandato, Urralburo, Vera, e a directora do BOE, o que se levou Roldán que inda no devolveo? ¿Vai a estudar a súa figura cando o sentaron no banquiño do Tribunal Supremo? ¿Vai relatar como se enfrentou con Alfonso Guerra e que non se falan? ¿Vainos a contar, ao estudar a súa figura, o que lle pasou co xuiz Garzón? ¿Vai explicar a nacionalización de Rumasa e que logo venderon, e a onde foron os cartos da venda? ¿Vai a explicarnos a súa amizade co xefe de Estado Juan Carlos de Borbón, el que era republicano, ou eso decían tódolos que con il gobernaron? ¿Vainos contar o seu traballo cos diamantes e co chalet que ten en Marrocos? ¿É do amigo de Venezuela? É como lle chegaron os cartos ao PSOE, cabdo il mandaba, da Alemania? ¿É polo que se manifestou as porta do cárcere de Guadajara, cando iban entrar Vera e Barrionuevo, condenados polo Tribunal Supremo, nunha solidaridade de protesta polo fallo da xustiza, nun acto increiblemente antidemicrático e chulesco?


As preguntas serían interminables, pero o espacio acábase ¿Vai a fundación que leva o seu nome (conste que quen esto escribe non é contrario a que haxa fundacións) pero non como a de FAES de José María Aznar que tira contra o seu tellado. Agardemos si vivimos pra velo e contalo.

Te puede interesar