Opinión

HABEMUS PAPAM!

Por fin chegou un papa -logo de Xoán XXIII- que lle está pondo o rabo ás cereixas. O papa Francisco anda con zapatos vellos e non cos mocasines roxos. Nin pon a muceta de terciopelo e armiño e vive nunha residencia e non no pazo apostólico. Leva un crucifixo que xa tiña de arcebispo de Bós Aires e un anel de prata. ¿Por qué os bispos que viven en pazos non alquilan un par de pisos e deixan os pazos pra outros menesteres? Pois a saber...


Fixo unha comisión pra investigar o Banco Vaticano e sometelo a unha lei de transparencia. Claro que cando estivo o Marcinkus e o Bertone as cousas non ían como deberan. A curia está que trina, pois o Francisco dixo dela que ten un defecto: 'É vaticanocéntrica'. E rodeouse de oito cardenais de todo o mundo, conocidos como o G-8, pra mirar se pon a Igrexa no seu sitio: 'A Igrexa pobre e prá os pobres'. Claro porque hai prelaturas e congregacións que se ocupan dos ricos. E como Xesús dixera: 'E máis fácil que entre un camello polo ollo dunha agulla que un rico no Reino dos Ceos'.


Di Francisco que olla a Igrexa 'como un hospital de campaña tras unha batalla. Qué inútil é preguntarlle a un ferido si ten alto o colesterol! Hai que curarlle as feridas. Xa falaremos logo do resto'. E lémbrame esto a un médico do Hospital Santa María nai que lles decía aos seus colegas: 'O primeiro e calmarlle a dolor, e logo estudiar a situación do doente'. Pois inda hoxe na Residencia comenzan por lle pedir papeis e preguntarlle como si lle fixeran un test, as mediciñas que toma, o que bebe e mailo que come. E namentras o doente apanda e agarda...


Non ten medo a falar das inxustizas e a defender a diñidade das persoas e a manifestar que 'a ideoloxía marxista está equivocada, pero que na miña vida atopeime e coñecín a moitos marxistas que eran boas persoas'. E coida que as mulleres 'teñan un lugar de maior presencia na xerarquái eclesiástica'. E lémbrame que un domingo na misa en galego das nove e media no Santo Cristo, un coengo dixo na homilía: 'Dende o Vaticano II as mulleres teñen moita responsabilidade. Deben limpar as igrexas, porlle flores aos santiños...' Hai como andamos, meu Deus!


E xa vou rematando, pra non facer moi longo este artigo. 'Non somentes os crentes -di Francisco- se salvan. El señor redímenos a todos. A todos!, incluso aos ateos'. Lembran cando un bispo burgalés non deixou que un mozo, que supostamente se suicidara, impedíalle que lle fixeran un funeral católico, e non o deixou entrar no templo?


A quen esto escrebe dalle pena o papa Francisco, pois escomenzando polos cregos non lle van facer caso nin os bispos tampouco. E seguirán con 'esas homilías horribles e longas' que aburren ás ovellas. E seguirán en bós pazos esquecéndose de que, como dixo Francisco, 'non teñen honores, senón que son servidores'. Xa que logo Xesús dixo que viñera 'a servir e non a ser servido'. E remato coa seguinte cita, que lle ven como anel ao dedo a monseñor Martínez Camino: 'A Igrexa non se ocupará da política, pois as institucións políticas son laicas e actúan en esferas diferentes'.


Que Deus lle bote as dúas mans a Francisco, que o vai necesitar, e a nós que nos faga mellores, pra cando nos xulgue o Creador, non nos bote a ese inferno da nada...


E que lle fagan caso, xa que logo Francisco díxolle aos seus irmáns xesuítas: 'O Evanxelio anúnciase con dulzura, con fraternidade e con amor, non con bastonazos inquisitoriais, de condena'. Pois Santidade, como decimos na nosa Terra, e coa devoción que lle teño: 'Tarde piaches', pois aos que temos moitos anos déronnos leña dabondo, sen amor. Boeno, 'máis vale tarde que nunca'.

Te puede interesar