Opinión

A herdanza dos "paraísos"

Fai un par de semanas lin en La Región que detiveran a uns albaneses que tiñan un zulo con obxectos roubados en casas particulares. Sempre houbo ladróns e hoxe na clase política abondan que é unha milagre. Mais dende que caeu o “Muro da vergonza” achegáronse á nosa terra albaneses, rumanos, rusos…

Albania foi o país que levou ata as últimas consecuencias a “felicidade” comunista. Elí nin entraba nin saía ninguén. O dictador e maila súa dona non deixaron unha igrexa en pé, convertindo algunhas en pazos de deportes. Maila fama, a persecución política, as cárceres, eran o buque insiña da grande mentira que eu tiven a sorte –ou a desgraza- de coñecer: Arxelia, Hungría e a Unión Soviética.

Pois ata a nosa terra chegan bandas de xentes daqueles países a roubar a eito. Ou a disfrutar na Costa do Sol do que roubaron na Rusia de Putin. Non nos chegan ben cos das Españas, senón que as forzas do orden seguen capturando aos que fuxindo do que foran aqueles paraísos que eiquí a progresía de salón dicían que eran unha maravilla. 

Mais eu non coñezo a ningún que profesara, ou aínda profese, o ideal comunista que se fora a vivir ou a veranear a aqueles paraísos do chamado “socialismo real”. E por se fora pouco aquela grande mentira, por estas terras aínda andan xentes que naceron, educáronse e viviron naqueles lugares, dos que somentes queda Corea do Norte, Cuba e agora –leva ise camiño- Venezuela. ¡Menuda herdanza non deixaron!, xa que logo, das nosas xentes que traballaron na Europa capitalista que tamén coñecín, non prenderon a ningún por roubar. E é que como din os castizos ¡aínda hai clases! 

E como cando se escrebe haino que facer con rigor, deixemos ben claro que o Partido Comunista eiquí nas Españas loitou na clandestinidade contra a ditadura e é un partido democrático, non como o MCG ou a UPG que son marxistas leninistas e preconizan unha ditadura, se o saberei eu. Podemos tamén é neocomunista, e como estes dous últimos tamén son unha caste.

PD: O líder do PSOE galego, Gómez Besteiro, di en relación a construción dun petroleiro en Ferrol: “Parece que hay un preacuerdo para un acuerdo para que en junio se firme un acuerdo”. ¡Abróchense los cinturones!

Te puede interesar