Opinión

Igual que en Cuenca

Remata de tomar posesión a nosa Corporación municipal. Benvidos. Mais debedes saber unha máxima que me ensinaron a min cando fun edil perante dez anos. Un concelleiro de Cuenca foi facer unhas xestións a Madrid e despois de cear foise a unha discoteca, e agarrou unha castaña, que tiveron que avisar á policía. O chegar a comisaría un sarxento pedíulle a documentación, mais o edil conquense negouse decítndolle: "A mi me toma declaración el señor comisario".

O sarxento, por si as moscas, dixo, vou avisar ao comisario -eran as tres da mañán-, no sexa que este personaxe sea un pez gordo. O conto e que sacaron da cama ao comisario que chegou a comisaria con un cabreo de pai e señor meu.

Dirixindose ó detido díxolle. "Oiga, ¿usted quién es?", o que o edil contestou: "Soy concejal en Cuenca". O comisario con unha cara de cabreo, espetoulle. "Pues mire usted, eso aquí en Madrid es una mierda". E o detido respostoulle: "Igual que en Cuenca".

Moralexa, tomen nota os novos edis.

Te puede interesar