Opinión

Imos a Celanova

Meu corazón Celavella, tes as paredes hedrosas...". Un ano máis, e van... xa perdín a conta. Pois son cofrade de San Rosendo o Santo e Caudillo de Galicia. Haberá que ir pola estrada nova que se chega nun suspiro. E na Praza Maior non beber da fonte do caño do norte, xa que logo, din os celanovenses, que se pon un tolo. Mellor será ir ao fogar do Gregorio Álvarez Medela, que foi alcalde e é unha boísima persoa.


Estaremos na Eucaristía a lle pedir ao Santo e Caudillo de Galicia que limpe a corrupción política que por desgraza háina dabondo. E leer o final do testamento de San Rosendo que redactou no ano 977: "Te imploro y te pido, Señor, te suplico que tu piedad y clemencia y por la intercesión de tus santos esta devota disposición permanezca siempre bajo tu protección en toda su fuerza. Te ruego de nuevo, Señor, y clamo a Tí creador del Universo, que si alguno fuese temerario y llevado de su codicia se atreviese a usurpar del pueblo alguno de mis parientes, extraños, juez u otro cualquiera, vuestra poderosa y terrible sentencia le comprenda, cúbrase de gusanos y su alma se le arranque del cuerpo con espantables aullidos. Pague estas penas en esta vida para que en la otra halle misericordia".


Pois como devoto do Santo Rosendo desexo cumplir co escrito e renovar unha vez máis o meu voto de fidelidade de cristán e de galego, indo ao mosteiro de Celanova "... rompendo a brilar estrelas, relampos de Celanova. A lúa inxerta no ár caraveles de arrecendo, rube que rube inxertando teu báculo San Rosendo".

Te puede interesar