Opinión

JOSÉ BONO MIENTE

Señor Bono, como non é a primeira vez -que xa son moitas- que vostede fala mal do carlismo, e chámalle 'carlistada' aos que queren a independencia de Catalunya, eí lle van unhas liñas en nome dos moitos carlista que deron as súas vidas por Deus e por España na Cruzada de 1936.


Mire señor Bono, vostede que é fillo dun falanxista, si dos que deixaron nas cunetas a moitos republicáns, mentres os da 'carlistada' batíanse na vangarda; vostede ou non coñece a Historia das Españas ou o que é peor, minte, como os 'ben pagados historiadores liberais' (Carlos Marx).


O Carlismo loitou polos Fueros sin rachar as Españas, e hoxe defende un Estado Federal, tamén sin rachar a nación de nacións. Non é o Carlismo separatista. Non o foi nunca, señor Bono. Por eso ou vostede é un iñorante ou o que é peor, minte.


Vostede que foi ministro con Zapatero e fixo unha milonga na súa toma de posesión, onde invitou ata un cardenal, qué me di da hípica en Castela-La Mancha?, ¿qué me dí das súas charlas cotiáns na televisión castelán-manchega?, como facía seu amigo Hugo Chávez.


Mire, señor Bono, non minta. O carlismo endexamais loitou pola independencia de ningún pobo das Españas. Federal e xinguir, señor Bono. Como Alemaña, Suiza, Inglaterra, os EE.UU., etcétera.


O Carlismo, como deixera don José María Pemán -sabe quen foi, señor Bono?- é unha páxina en branco onde se pode escreber todo, pois aínda non fracasou nada. Deixe de mentir e insultar aos carlistas, que bastante ten cos do seu partido, o PSOE, que cando gobernan rouban a esgalla, secuestran torturan e queiman en cal viva a iñocentes. Esa si que é 'carlistada', señor Bono. Deixe de facerlle a pelotilla ao Xefe do Estado, que bastante ten con atallar os problemas familiares que avergonzan ás xentes decentes.

Te puede interesar