Opinión

Un libro para mercar

El Papa de la misercordia” (Planeta), de Javier Martínez Brocal, é un libro obrigado nos anaqueles de quenes seguimos a fe de Xesucristo. Francisco é un papa que da moito xogo, porque está sempre pertiño dos que o necesitamos. Iste papa decidiu rachar a tradición do Xoves Santo, cando en vez de misar na catedral de San Juan de Letrán, como era costume, foise a un cárcere de menores en Roma, a Casa de Marmo, pra logo parolar cos internos e levarlles a alegría da fe.

Un rapaz elí interno que ollaba intrigado a Francisco espetoulle: “Padre, graciñas por ter vido!”. É que estamos en tempos da Misericordia. E lembro ao intelectual ateo Gustavo Bueno, que nunha entrevista xa hai uns meses fixo un repaso aos derradeiros pontífices póndolle un calificativo a cada un, e que ao chegar a Francisco dixo: “Bueno, este papa es otra cosa”.
Claro que é outra cousa. Lonxe de oropeles, de pompas e botafumeiros humanos, sabe xantar na cociña da residencia Santa Marta, onde reside, aparecéndolle elí de súpeto aos cociñeiros e comendo o mesmo que iles. Por iso di o autor do libro: “Pra entender ao papa máis que escoitar o que di, hai que ollar o que fai e como il olla tamén”.

Dende este recuncho de La Región, eu recomendo que lean iste libro que non os defraudará e axudará a comprender ao Vicario Cristo que se pregunta a si mesmo, e pra que o escoiten os demais: “Onde están as persoas que me poden axudar a ser máis humilde, a servir como deber servir un bispo. E por iso viñen. Sáeme do corazón”. Poucas palabras bastan se o queren entender.

PD.: O señor cardenal catalán, arcebispo dimisionario de Barcelona de cuio nome non me quero lembrar, dixo hai unhas semanas, agárrense á silla por se acaso, que “Jordi Pujol era un referente de honradez”. Claro, como o exhonorable e maila súa dona son do Opus Dei, pois non poden deixar de ser “referentes de honradez”. Ai, se o señor arcebispo se preocupara de cristianizar Barcelona, que somentes ten un 5% de cristiáns practicantes, e deixara o seu nacionalismo no armario, mellor se tería ido a il e mais os cataláns.
 

Te puede interesar