Opinión

MANOLO ESCOBAR, EN OURENSE

A primeira vez que veu a Ourense o cantante Manuel García Escobar, Manolo Escobar de nombre artístico, foi cando o trouxemos a comisión municipal de festas na década dos anos sesenta, que eu presidín perante oito anos.


Manolo Escobar chamoume por teléfono pra me preguntar -era domingo- onde nos podía encontrar sobre das catro da tarde. A actuación eras as once da noite no Xardín do Posío. E díxenlle que na Praza Maior. Chegou coa súa nai e os seus irmáns é díxome que tiña necesidade de facer un ensaio xa que levaba tres meses sin actuar en público, pois estuvera facendo unha película.


Levámolo ao salón de sesions do Concello e alí ensaiou parte do repertorio acompañado polos seus irmáns, e elí parolamos, tomamos café e apareceu Enrique Reza pra facer unha fotos, que gardo no meu arquivo.


Manolo Escobar era un home agradable, simpático como bo andaluz de Almería e que non perdera a seu acento logo de traballar de emigrante en Catalunya. Era unha gozada a súa conversa, non como outros cantantes que non digo o nome pra non facer compacións que sempre son odiosas.


As once na noite o Xardín do Posío estaba a se encher de xentes de Ourense, de Moreiras, de Sobrado do Bispo, de Ceboliño e de todo o rural. As entradas tiñan, como sempre, uns precios populares.


Cantou todo o seu repertorio que era aplaudido a rabear polos asistentes. Agora haberá chegado ó Ceo e diralle a San Pedro. 'Yo vengo a buscar mi carro', e San Pedro deixaralo pasar: 'Mi carro me lo robaron de noche cuando dormia /mi carro me lo robaron estando de romería/ ¿Dónde estará mi carro? ¿Dónde estará mi carro? Porque mi carro es mío'.

Te puede interesar