Opinión

¿EN QUÉ MANS ESTAMOS?

Logo da sentencia de Estrasburgo haique ser ben nados e dar a cara. non escondela como os avestruces, xa que logo José L. Rodríguez Zapatero deixou ás Españas feitas uns zorros: Cataluña e o País Vasco. A economía, a moral, etcétera.


Pro o Partido Popular son como os do Pereiro -e que non se enfaden-: 'Xente do Pereiro, tropa do carallo. Comen e beben, e pagan os convidados'. Pois esto é o que leva feito o Partido Popular. E agora comparece o ministro do Interior dicindo que ETA está derrotada e que se algún fai unha falcatruada será condenado.


¿Pro non está o Bolinaga tomando txiquitos de txacolí pra curar o cancro terminal que tiña cando o soltaron xa fai tempo? E outro etarra, que non vou pór o seu nome, porque me repugna, de permiso un mes sí e outro tamén. ¿É iso, señor ministro, ao que lle chama ETA derrotada? Cando está nas institucións por obra e gracia do Zapatero, que deixou a vaca preñada, e o Partido Popular non sabe nin facerlle unha cesárea.


A sentencia de Estrasburgo é algo que clamao ao Ceo. Ás víctimas, aos mortos e ás xentes ben nacidas. 'hai tantas leises, que ninguén está seguro de non ser colgado' (Napoleón).


Os progres de salón que no franquismo estaban contentos co que facía ETA (ó que enriba firma díxolle un amigo de esquerdas, cando mataron a un xeral: 'Inda quedan moitos'. E coa sabeduría dos progres de salón e os esquerdistas, que afirmaban que cando chegara a partitocracia que padecemos ETA deixaría de matar. ¡Qué Deus lles conserve a vista!


Pois estamos nas mans que estamos: como dicía aunqela pintada: O PSOE e o PP a mesma m... é. E o resto do arco parlamentario son todos iguais. Honra os mortos, ás víctimas e a todo-los que son ben nacidos, que hai moitos que as súas nais serían moi honradas, pro eles son uns... Xa me entenden.

Te puede interesar