Opinión

O MATADEIRO DE DURANGO

Porque nada se olvida, ni se debe olvidar, ni se puede olvidar, ni se quiere?'. 'Estella fue Corte y Durango cuartel', escribiu Don Ramón María del Valle Inclán sobor das guerras carlistas. Pois ben. O matadeiro de Durango foi o pasado 4 de xaneiro o lugar que escolleron os asasinos etarras excarcelados pola gracia do PSOE e dun PP complacente, pra facer a súa presentación en sociedade. Máis de sesenta asasinos mancillaron a memoria dos mortos por eles. E, nunha infamia imperdoable, pediron a liberdade dos seus compañeiros que inda están nas cadeas.


Felipe González, o da cal viva e o secuestro dun home iñocente, dixera cando houbo un atentado na Huesca aragonesa: 'Los encontraremos y los meteremos en la cárcel hasta que se pudran'. E o Rodríguez Zapatero, no Mosteiro de Loyola, mandou ao impresentable Eguiguren a se xuntar cos de ETA e cos do PNV pra facer a folla de ruta que puxera a Sortu, Bildu e Amaiur nas institucións nas que non cren.


E Rajoy deixou a Bolinaga que se fora curar do cancro ao País Vasco e a tomar txikitos cos seus colegas. A infamia do matadeiro de Durango clama ao ceo. E os que perante a dictadura brindaban con cada asasinato de ETA, agora ollan pra outro lado coa cobardía da progresía de salón.


Pois 'Estella foi Corte e Durango cuartel', cando Carlos VII dixera: 'Outros loitan polo triunfo, nós loitamos pola honra, sen a cal non se pode vivir'. 'Porque nada se olvida, ni se debe olvidar, ni se puede olvidar, ni se quiere?'.

Te puede interesar